Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/133-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T., R.B.T. dúas estacións telefonía móbil.

Situación: Pico Meda-Zas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 116 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. o C.T. do repetidor de Telefónica e final no C.T. aéreo de 50 kVA que dará servicio ás estacións base de telefonía móbil, Retevisión e Airtel. Concello de Zas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña