Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma adxudicación de concurso público con tramitación urxente, das obras de ampliación e reformas no IES Johan Carballeira de Bueu e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.

a) Descrición do obxecto: ampliación e reformas no IES Johan Carballeira de Bueu.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 32.052.205 ptas. IVE incluído (192.638 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.2.

a) Descrición do obxecto: ampliación e reformas no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 15.144.788 ptas. IVE incluído (91.022 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.3.

a) Descrición do obxecto: construcción do ximnasio no CEIP Sobreira-Valadares de Vigo.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 20.415.427 ptas. IVE incluído (122.699 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.4.

a) Descrición do obxecto: aulas de tecnoloxía e música no IES de Sta. Irene e San Tomé de Freixeiro de Vigo.

b) Prazo de execución: catro meses.

c) Orzamento da obra: 36.849.897 ptas. IVE incluído (221.472 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D, subgrupos 2 e 4.

Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 4 de xullo de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra