Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 10.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, para as obras de reforma do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, A Coruña.

1. Obxecto: obras de reforma do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, A Coruña.

2. Prazo de execución: dez meses.

3. Orzamento: 87.521.609 pesetas (526.015,47 euros).

4. Fianza provisional: 1.750.432 pesetas (10.520,30 euros).

5. Fianza definitiva: 4% sobre o importe da adxudicación.

6. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono 981 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

7. Clasificación: grupo c; subgrupo todos; categoría d.

8. Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día doce de agosto deste ano.

10. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do dezasete de agosto de 2000.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública