Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anula a do 26 de xuño de 2000, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto (plurianual), para a realización do servicio de transporte aéreo de órganos humanos para transporte destinados a este complexo hospitalario. (C.P. 120/2000).

Advertido que, por erro, o concurso referido C.P. 120/2000 foi anunciado no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 130, do 5 de xullo, páxina 10.518), cando, en cambio, pola categoría e o importe do contrato, corresponde a súa publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Boletín Oficial del Estado (artigo 206 en relación co 203 e 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas), resólvese a anulación da Resolución do 26 de xuño de 2000, desta dirección-xerencia. Simultaneamente, remítese anuncio do concurso o Diario de las Comunidades Europeas e ó Boletín Oficial del Estado para a súa publicación, conforme a cal se rexerá a convocatoria.

A Coruña, 6 de xullo de 2000.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións de director xerente

do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo

de Oza da Coruña