Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de citación para a celebración do acto da vista no procedemento de arbitraxe de consumo con expediente 34000221.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27), notifícase á empresa Herculina de Gas Hergas, S.L. (que non puido ser citada no seu derradeiro domicilio coñecido que se indica), a celebración do acto da vista no procedemento de consumo, que terá lugar o día 26 de xullo do presente ano, as 10 horas, na sede da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia en Santiago de Compostela, o que se pon en coñecemento da devandita empresa para os efectos de que sirva de notificación para o devandito acto da vista.

Expediente: 34000221.

Reclamado: Herculina de Gas Hergas, S.L.

Enderezo: avda. de Castelao 20, Santiago de Compostela, 15705.

A Coruña, a 26 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña