Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.- Resolución do 28 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de R.S.U. de Pardiñas, Carballo (A Coruña).

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG nº 131, do xoves 6 de xullo de 2000, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 10.570, columna 1, liña 20, no punto 9.1., onde di: «Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte...», debe dicir: «Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte...».