De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración consistente na modernización da fábrica de xeo no porto pesqueiro de Celeiro (Lugo).
Obxecto: subministración consistente na modernización da fábrica de xeo no porto pesqueiro de Celeiro (Lugo).
Orzamento e tipo: quince millóns de pesetas (15.000.000) IVE e outros impostos incluídos.
Prazo de entrega: dous meses a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.
Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacions territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.
Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderán presentarse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacions territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de utilizar cualquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, na que se comunique a presentación da oferta.
Apertura de proposicións: sera realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas e quince minutos (10 horas quince minutos) do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2000.
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura