Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Hermanos Mosquera SAT nº 1057 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cerdedo, s/n-Celanova (Ourense); obxecto social: a explotación de superficies agrícolas e forestais, a explotación de gando e a producción, transformación e comercialización de carne, leite e derivados, así como todas aquelas actividades agrícolas, gandeiras ou forestais que impliquen a mellora económica e social dos seus socios; capital social: 500.000 pesetas; nº de socios: 5.

A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Fisterrino SAT nº 1058 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Boado-Mesía (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 18.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Bugalleira SAT nº. 1059 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Lg. Vilasuso-Tallo-Ponteceso (A Coruña); obxecto social: gandeiría-producción de leite; capital social: 29.500.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Cotelo SAT nº 1060 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Tuixe-Lemaio-A Laracha (A Coruña); obxecto social: producción e comercialización de leite e carne; capital social: 18.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Do Mino SAT nº 1061 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. San Miguel, nº. 22, Valga (Pontevedra); obxecto social: desenvolvemento da actividade helicícola e outras actividades relacionadas con esta; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación La Sobreira SAT nº 1062 XUGA, de responsabilidade limitada

e cunha duración ilimitada, con enderezo na Sobreira-Boimorto (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 30.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación A Cruz SAT nº 1016 XUGA, na asemblea xeral, do 20 de agosto de 1999, acordan por unanimidade:

1. Alta e baixa de socios admitindo 2 novos socios, coa participación cada un de 900.000 ptas., no capital social e dan de baixa a un socio, reintegrándolle a súa participación no capital social, producíndose un aumento do capital social de 500.000 ptas., que definitivamente queda establecido en 53.000.000 de ptas. con 106 recibos, de 500.000 ptas. cada un.

2. Elección de nova xunta rectora, que queda integrada por José Ricardo Martínez Lama, presidente; Consuelo Vázquez Martínez, secretaria e Demetrio Arias López, vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Viduído-Regoa-Cedeira SAT nº 4.018, na asemblea xeral do 9 de abril de 1999, acordan por maioría a baixa de tres socios, dous pola aplicación do artigo 5.1 d: «exclusión forzosa» e o outro socio por solicitude. Estas baixas reducen o capital social que pasa de 750.000 ptas., a un definitivo capital social de 375.000 ptas. en 3 recibos de 125.000 ptas. cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Pimerbon SAT nº 430 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 4 de marzo de 2000, acordan por unanimidade:

Dar de baixa a 13 socios e de alta a 48 socios dos que 10 socios susbstitúen por baixa de mortis causa e 38 socios solicitan a admisión, producíndose un aumento do capital social, pasando de 125.000 ptas. a un definitivo capital social de 234.375 ptas. representado por 75 recibos de 3.125 ptas. cada un.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación As Bouzas SAT nº 298, na asemblea xeral, do 20 de marzo de 2000, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Macedos SAT nº 25, na asemblea xeral, do 1 de abril de 2000, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación As Bouzas SAT nº 298, na asemblea xeral, do 27 de marzo de 2000, acorda por maioría aproba-lo informe-balance final e a súa cancelación.

A Sociedade Agraria de Transformación Macedos SAT nº. 25, na asemblea xeral, do 3 de abril de 2000, debatido e aprobado o informe dos socios liquidadores acordan por maioría a súa cancelación.

A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Queixoiro SAT nº 4.630, e o seu presidente, Manuel Álvarez Feije, achega os certificados das defuncións de 4 socios da SAT inscrita por resolución da dirección xeral do I.R.A. do 11 de maio de 1983, en Madrid con 6 socios.

Dada a actual existencia de 2 socios tal e como o Real decreto 1776/1981, establece no seu artigo 5.2º deixa de ser sociedade e queda cancelada neste Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación