Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 31 de maio de 2000, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, de concurso con procedemento aberto para a concesión da explotación dos servicios de cafetería-ambigú no Coliséum da Coruña

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: concesión da explotación dos servicios propios de cafetería-ambigú no Coliséum da Coruña.

3. Prazo de execución: dous anos prorrogables ata un máximo de catro incluídas prórrogas.

4. Tramitación: normal. Procedemento aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Cánon: non inferior a 4.300.000 ptas. anuais.

6. Garantía provisional: 86.000 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, no edificio Coliséum, avda. Alfonso Molina, s/n. 15008 A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

d) Data límite de obtención de información e documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións:

a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematado ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do plazo, quedará automaticamente prorrogado ata o día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio Coliséum, avda. Alfonso Molina, s/n. 15008 A Coruña).

10. Apertura de ofertas económicas y documentación técnica:

a) Lugar: casas consistoriales, Praza de María Pita, nº 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 31 de maio de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal A Coruña

Espectáculos