Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2000, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato que se indica. (Expediente 403/2000).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 403/2000.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: proxecto técnico e obra de ampliación e remodelación dos edificios de Ciencias Empresariais 1 e Ciencias Empresariais 2 para departamentos e Facultade de Ciencias da Educación e do Traballo e Facultade de Historia no campus de Ourense. b) Lugar de execución: Ourense. c) Prazo de execución: 7 meses e data límite de recepción das obras o 31 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 445.000.000 de pesetas, (2.674.503,86 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/Areal, nº 46-anexo 3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible: a que indica o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o sesaxésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª domicilio: r/ Areal, 46-edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador esta obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 6 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente