Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e campo de fútbol e instalacións deportivas do Carqueixal, a favor dos veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo, no concello de Ourense (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión celebrada en data do 4 de novembro de 1997,

inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do común do monte denominado O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e campo de fútbol e instalacións deportivas do Carqueixal, e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam López Areal, en virtude do punto terceiro da orde do día da reunión do 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Denominación: O Carqueixal-1, O Carqueixal-2, O Chao da Moa e campo de fútbol e instalacións deportivas do Carqueixal.

Comunidade: veciños da parroquia de San Breixo de Seixalbo.

Superficie total: 83.728 m aproximadamente, en conxunto.

Parcela denominada O Carqueixal-1:

Superficie: 38.735 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: Comunal Carqueixal-2, grupo escolar.

Sur: camiño público das Avesadas.

Leste: instalacións deportivas do Carqueixal.

Oeste: Generoso González Fernández, Arturo Iglesias Rodríguez e herdeiros de Adolfo Zón Mera, e outros.

Parcela denominada O Carqueixal-2:

Superficie: 25.833 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: José Fernández García, Amadeo Maseda González e outros.

Sur: explanada grupo escolar e comunal do Carqueixal-1.

Leste: herdeiros de Purificación Diéguez Amoeiro, e outros.

Oeste: Amadeo Maseda, outros e río Barbaña.

Parcela denominada Chao da Moa:

Superficie: 3.176 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Benigno Picouto Rodríguez, Manuel Carrera Pérez, e outros.

Sur: herdeiros de Iriarte Pousa Sequeiros, José Pavón Rivo, e outros.

Leste: herdeiros de José Pavón Rivo, Luis Gómez Pavón, e outros.

Oeste: herdeiros de Manuel Cid Rivo e José Pavón Rivo, e outros.

Parcela denominada campo de fútbol e instalacións deportivas do Carqueixal:

Superficie: 15.984 m aproximadamente.

Estremas:

Norte: plataforma da entrada ó grupo escolar de Seixalbo.

Sur: Rúa da Vela.

Leste: herdeiros de Celia Freire Picouto.

Oeste: Rúa da Vela.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de maio de 2000.

Miriam López Areal

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense