Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.861

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, listas A1 e A2, das materias de bioloxía pesqueira; cultivos mariños; debuxo técnico; física; formación e orientación laboral; formación humanística; inglés marítimo; lingua e literatura galega; matemáticas; navegación e meteoroloxía.

Advertido erro no texto da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 129, do 4 de xullo, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 10.450; onde di: «... de 9 a 4 horas os sábados.»; debe dicir: «... de 9 a 14 horas os sábados.»