Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión levada a cabo o día 16 de xuño de 2000, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto reformado do Plan especial en desenvolvemento da Unidade de execución nº 14, Urbanización San Vicente del Tea, redactado polos técnicos José A. Martín Curty e Alberto Moreno García.

O expediente exponse a información pública, polo prazo dun mes, para efectos de posibles reclamacións.

Ponteareas, 19 de xuño de 2000.

José Castro Álvarez

Alcalde