Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.819

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación por concurso das obras de construcción do centro social de Sueiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: construcción do centro social de Sueiro.

a) Descrición: a que figura nos pregos de condicións e no proxecto.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 7.768.579 pesetas, (46.690,10 euros).

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

8. Garantía definitiva: 4% do orzamento.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo.

a) Enderezo: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).

b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o derradeiro anuncio (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas.

12. Lugar e hora de presentación: no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas.

13. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).

c) Localidade: Culleredo.

d) Data: o primeiro xoves hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de licitacións, e se fora inhábil, entenderase prorrogado ó xoves seguinte á mesma hora.

e) Hora: 13 horas.

14. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 12 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP 13-11-1999)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación