Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.757

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 183/2000, do 22 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en próteses dentais.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 541/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico superior en próteses dentais e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo

en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios, contidos, do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en próteses dentais, regulado polo Real decreto 541/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacio

nadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: próteses dentais.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Deseñar, fabricar e reparar próteses e órteses dentofaciais adaptadas ó paciente ou cliente a partir das prescricións do facultativo (odontólogos, estomatólogos e cirurxiáns maxilofaciais), cumprindo as normas de calidade, seguridade e hixiene, no tempo establecido.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpretar e aplica-la información técnica asociada ós procesos de deseño e fabricación de próteses dentais.

* Realiza-la xestión do laboratorio de próteses dentais, xestionando o ficheiro de clientes, a adquisición, almacenamento, reposición e mantemento do instrumental e material, e obtendo os informes técnicos e resumos de actividades necesarios na operación.

* Deseñar aparellos de ortodoncia e próteses dentofaciais adaptadas ós moldes e prescricións do facultativo, seleccionando os materiais e planificando e definindo os procesos de fabricación.

* Fabricar, modificar e reparar aparellos de ortodoncia e próteses dentofaciais fixas, removibles, cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosoportadas, a partir do deseño e especificacións técnicas de fabricación, seguindo as normas de calidade e de seguridade e hixiene establecidas.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Responder ante as continxencias, achegando solucións e resolvendo os problemas xurdidos na realización do traballo, tanto nos aspectos técnicos como nos organizativos.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión global e integrada da área sanitaria e do proceso productivo no que está involucrado, no seus aspectos organizativos, funcionais, sociais e administrativos.

* Organizar e/ou programa-lo traballo do laboratorio ou empresa dedicada á producción de próteses dentais; adaptar procedementos; producir información ou instruccións; e previr, asignar ou distribuír tarefas, recursos e materiais.

* Valora-la interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos, asistenciais e rehabilitadores.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Colaborar, se é o caso, cos membros do equipo de traballo no que estea integrado; asumi-las súas responsabilidades; cumpri-los obxectivos asignados e mante-lo fluxo de información adecuado.

* Participar na posta a punto de novas técnicas, en proxectos de investigación e en programas formativos, así como propor medidas relacionadas coa eficiencia, a seguridade e a calidade.

* Adaptarse ás novas situacións xeradas como consecuencia de innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

Este técnico pode actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de superior ou igual nivel ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía no/na:

* Xestión dunha carteira de clientes.

* Adquisición, preparación e posta a punto de materiais, útiles e equipos.

* Interpretacións de prescricións dos facultativos.

* Transferencia de impresións a modelos de traballo.

* Deseño, fabricación, reparación e modificación de próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

* Control de calidade, facturación e distribución dos productos acabados.

* Programación, coordinación e supervisión do traballo dos técnicos ó seu cargo.

2.4. Unidades de competencia:

1. Administrar e xestionar un laboratorio de próteses dentais.

2. Defini-lo producto, organizar, programar e controla-la fabricación de órteses e próteses dentofaciais.

3. Fabricar, modificar e reparar próteses e órteses dentofaciais removibles de resina.

4. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais removibles metálicas.

5. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais fixas.

6. Fabricar modificar e reparar aparatoloxía ortodóncica e compoñentes de próteses dentais de arame e bandas metálicas.

7. Fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosoportadas.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: administrar e xestionar un laboratorio de próteses dentais:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realizouse o estudio de viabilidade, onde se tivo en conta:

-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-Situación física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).
-Demanda potencial e previsión de ingresos.
-Necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-Rendibilidade do proxecto e a súa evolución no tempo.
-Posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

1.2.Organizar, desenvolver e xestionar un ficheiro de clientes, tendo en conta as diferentes necesidades de atención e nivel de documentación que se manexa.* Creouse unha base de datos con capacidade para conter toda a información sobre os clientes xerada no servicio/unidade.

* Rexistráronse os datos de filiación e datos clínicos do cliente e datos da entidade responsable da prestación na forma e lugar establecidos nas normas internas, ademais de verificarse que os datos rexistrados corresponden ó cliente.

* Informouse correctamente o cliente sobre lugar, data, horario e preparación previa requirida, seguindo as pautas marcadas e o plan de tratamento.
* Comunicáronselle ó cliente, coa antelación suficiente, as modificacións que xurdiran sobre a data e hora da cita.
* O cliente acudiu ó gabinete o día e hora fixados na cita previa e recibiu un trato correcto e cordial.

1.3.Xestiona-lo plan de mantemento dos equipos e maquinaria do gabinete.* Estableceuse o plan de mantemento dos equipos e maquinaria, para o que se confeccionou unha ficha na que figuran as datas de revisión, elementos que hai que substituír e persoas encargadas dela.
* As revisións dos equipos e maquinaria axustáronse ós prazos previstos. Os equipos están potencialmente en estado operativo no momento de seren requiridos.

1.4.Planificar e xestiona-la adquisición, almacenamento e reposición do instrumental e material utilizado na unidade/servicio e negociar con provedores, clientes e organismos, procurando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Comprobouse que o nivel de existencias dos materiais é o adecuado para cubrir en todo momento as necesidades do gabinete e, en caso contrario, formulouse o pedido correspondente.

* Comprobouse que o material recibido coincide co solicitado, tanto en cantidade como en calidade.

* Distribuíuse o material necesario para o funcionamento das distintas áreas de traballo, segundo as necesidades propias de cada unha delas.

* Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:
-Prezos do mercado.
-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de pagamento.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.
* Informouse previamente o interesado do valor do traballo que hai que realizar e as condicións económicas de reintegro que, se é o caso, proceda.

1.5.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés, na marxe de tempo prevista.

* Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, promovendo as futuras relacións.

RealizaciónsCriterios de realización

* Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que lles poida interesar.

1.6.Identificar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identificáronse os rexistros esixidos pola normativa vixente.

* Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

1.7.Obte-los informes e resumos de actividades mediante o tratamento da información da base de datos.* Realizáronse de forma manual e/ou informática os cálculos necesarios para expresa-los resultados nas medidas adecuadas.

* Realizouse a emisión de informes, con tódolos ítems establecidos, dentro do tempo establecido nos protocolos, dependendo da solicitude e da área de traballo.

* Introducíronse correctamente nas bases informáticas os datos xerados, cos criterios e periodicidade establecidos e trala súa confirmación.
* Efectuáronse adecuadamente as operacións e/ou cálculos estatísticos que permiten elabora-los resumos de actividades da unidade/gabinete.

1.8.Elaborar orzamentos e avalia-lo custo de producción de productos ortoprotésicos coa exactitude requirida para a xestión do negocio.* Elaborouse o orzamento avaliando ou conxugando:-O custo de producción de productos similares.-A normativa fiscal e mercantil.-Tódolos compoñentes do custo total.
* O orzamento inclúe tódalas partidas necesarias e está axustado en forma e contido á normativa e procedementos establecidos.
* Os cálculos foron os correctos.
* A avaliación do custo de producción conxuga adecuadamente:
-O custo dos materiais.
-Os tempos de producción.
-Os custos dos factores de producción.
-Os custos indirectos.
* O procedemento de cálculo respecta a normativa vixente e os procedementos establecidos.

Dominio profesional

-Medios de producción:

PC e software aplicado. Equipos de oficina. Documentación administrativa.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local e permiso de obras. Nóminas TC1, TC2. Alta no IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Recepción do pedido. Prazos establecidos de entrega de productos. Ficha do cliente. Arquivos de pacientes/clientes e de provedores. Informes. Orzamentos. Facturas. Programa de mantemento de equipos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de mercado. Técnicas de comunicación. Técnicas estatísticas. Procedemento administrativo. Técnicas cualitativas de ciencias sociais: cuestionarios e entrevistas. Procedemento normalizado de facturación. Plan de mantemento dos equipos. Inventario.

-Información:

Ficheiro de provedores. Ficha de recepción. Sistemas de recollida e reparto de productos. Modelo de informe para o facultativo. Catálogo oficial de prezos. Impresos para orzamentos e facturas. Normativa e lexislación sobre contratos, nóminas, IAE, liquidación do IVE. Albará. Cuestionarios: de descrición de postos de traballo e de avaliación do desempeño do

traballo. Protocolos de fluxo de información interna e externa. Inventario. Normas de seguridade e hixiene no laboratorio. Normas de mantemento dos equipos do laboratorio. Bibliografía científico-técnica.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Facultativo responsable da prescrición. Hospitais e clínicas asistenciais. Persoal técnico do laboratorio. Servicio técnico dos equipos. Provedores de materias primas e de equipos. Sistemas de reparto e mensaxería. Departamento de contabilidade. Departamento de compras. Xestorías. Facenda pública.

2.5.2. Unidade de competencia 2: defini-lo producto, organizar, programar e controla-la fabricación de órteses e próteses dentofaciais:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Interpreta-las prescricións realizadas polo facultativo, extraendo tódolos datos necesarios para a definición da prótese ou aparello de ortodoncia.* Interpretouse correctamente a prescrición, identificando o producto requirido en tódalas súas indicacións, especificidades e características.

* Resolveuse adecuadamente calquera dúbida sobre a prescrición, mediante consulta co facultativo prescritor, utilizando as canles acordadas ó respecto.

* Obtivéronse tódolos datos necesarios para a definición da prótese dental ou aparello de ortodoncia.

2.2.Transferi-las impresións e rexistros das estructuras anatómicas e parámetros funcionais das persoas enviadas polo facultativo, a articuladores e modelos de traballo.* Estableceuse un mecanismo de recepción de impresións e rexistros que garanta a calidade da súa manipulación, a súa estabilidade dimensional e a seguridade e hixiene.

* Positiváronse as impresións e introducíronse os rexistros no articulado, coas marxes de fidelidade establecidas.

* Montáronse os modelos no articulador adecuado á técnica seleccionada, e verificouse a súa oclusión, seguindo as especificacións técnicas do odontólogo.
* En caso de dúbida, utilizouse o mecanismo de resolución de deficiencias no proceso, mediante consulta ou petición doutra impresión ou rexistro ó facultativo.

2.3.Fabricar cubetas individuais, pranchas base e rolos de articulación.* As cubetas individuais, pranchas base e rolos seleccionados teñen as dimensións e grosor adecuados para as técnicas de rexistro utilizadas polo facultativo.
* As cubetas, pranchas base e rolos fabricados esténdense ata o contorno predeterminado na análise do modelo de traballo.
* Verificouse que as cubetas e pranchas base son estables sobre o modelo de traballo.

2.4.Deseña-las estructuras das próteses e órteses dentofaciais de acordo coa prescrición do facultativo, seguindo normas de calidade, seguridade e hixiene establecidas para os ditos productos.* Estudiouse o modelo, considerando as alternativas que ofrecen as estructuras anatómicas representadas.

* Tívose en conta o paralelismo das estructuras anatómicas do modelo de traballo, de forma que permitan a inserción.

* Optouse polo tipo de retenedores que, dentro das prescricións do facultativo, permitan unha mellor funcionalidade.

* En caso de existir algún impedimento para levar á práctica a prescrición, ou de poder incorporar melloras na funcionalidade ou no custo respecto á prescrición, púxose en coñecemento do facultativo para chegar a unha nova opción ou reafirma-la primeira.
* As próteses e órteses producidas incorporan no seu deseño as normas de seguridade establecidas en canto á calidade, resistencia, toxicidade de materiais, formas e dimensións.
* O deseño das próteses dentais e aparellos de ortodoncia incorpora as prescricións establecidas polo facultativo.

2.5.Establece-lo proceso e dispo-los recursos necesarios para a fabricación da prótese dental ou aparello de ortodoncia conseguindo a optimización de recursos, o cumprimento dos prazos de entrega e a factibilidade da fabricación.* Os procesos establecidos determinan:-As fases, operacións e secuencia de producción.-Os medios, útiles e ferramentas necesarias.-Os materiais precisos.-Os tempos de execución.-As operacións e instrumentos de control.

* A asignación de recursos humanos correspóndese co tipo e características do traballo que hai que realizar.

* De se-lo caso, o persoal, a través das instruccións técnicas oportunas, consegue a información precisa para o desenvolvemento do traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

* A preparación dos medios materiais permite a realización da producción.
-Os materiais son os especificados, e na cantidade precisa.
-Dispóñense correctamente os equipos, útiles e ferramentas, coas regulacións e axustes precisos.
* Prevíronse os controis do proceso precisos para asegura-lo nivel de calidade do producto.
* Identificáronse as normas e medidas de seguridade que se deben observar no desenvolvemento do traballo.

2.6.Programa-lo traballo incluíndo as características do aprovisionamento, os prazos de entrega e a carga do taller ou laboratorio.* A programación permite cumprir cos prazos de entrega.

* A programación ten en conta as características de aprovisionamento e permite preve-las súas necesidades.

* A programación integra tódalas fases e obxectivos e conxuga adecuadamente as necesidades e situación operativa de medios, recursos humanos e materiais.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Ordenador e programas aplicados ó deseño de próteses. Equipos de CAD. Escaiolas. Cuncas. Espátulas. Zocolodoiros. Micromotor. Fresas. Aspiradoras. Seguetas. Recortadoras. Arcos faciais. Platinas. Articuladores. Paralelómetros.

-Materiais e productos intermedios:

Modelos de traballo. Tocos desmontables. Articulador cos rexistros introducidos. Modelos montados en articulador.

-Productos e/ou servicios:

Proxecto da prótese. Secuencia de producción planificada. Orde de producción.

-Procesos, métodos e procedementos:

Baleirado de impresións. Preparación de tocos desmontables. Confección de cubetas, pranchas base e rolos de articulación. Introducción de rexistros en articulador. Paralelización de estructuras anatómicas. Deseño de producto sobre modelo de traballo.

-Información:

Prescricións e acordos establecidos. Tipos de preformas e materiais dispoñibles. Características dos materiais dispoñibles.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Facultativo prescritor. Administración do laboratorio. Liñas de producción.

2.5.3. Unidade de competencia 3: fabricar, modificar e reparar próteses e órteses dentofaciais removibles de resina:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Obte-la base fusible e a disposición dos dentes artificiais sobre ela, conseguindo as características anatomo-funcionais precisas dunha prótese desdentada total.* A prancha base elaborada esténdese ata o contorno predeterminado na análise do modelo mestre.

* Os dentes seleccionados correspóndense en tamaño, forma e cor coas indicacións da prescrición.

* Realizouse a montaxe, axuste e articulación dos dentes artificiais, de acrílico ou porcelana, seguindo as normas de montaxe (plano de Camper, curvas de Spee e de Wilson, de articulación de cúspides a foxos), realizando os movementos de lateralidade, de balanceo e de protrusión.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse a montaxe e modelaxe de forma anatómico-funcional.

3.2.Realiza-la incorporación en mufla da dentadura completa.* Emuflouse o material fusible respectando as proporcións adecuadas de escaiola e os tempos do seu fraguado.
* Vernizouse o enmuflado e preparado a contramufla.

3.3.Produci-la dentadura completa por polimerización de resina e rebordar próteses previas.* Lavouse e retirouse da mufla e da contramufla todo resto de material fusible, antes de proceder ó seu vernizado.

* A resina foi cargada ou inxectada e polimerizada, seguindo as normas da súa manipulación.

3.4.Comprobar sobre o articulador as variacións que pode ter sufrido a dentadura por aumentos na dimensión vertical ou puntos de contacto.* Comprobouse, montando a dentadura sobre o articulador, o aumento da dimensión vertical da dentadura e os puntos de contacto, realizándose unha talla selectiva dela que corrixa os ditos defectos.
* Repasouse e puíuse a prótese, utilizando os equipos e materiais adecuados e seguindo as normas establecidas.

3.5.Realiza-la montaxe, axuste e articulación dos dentes artificiais, de acrílico ou porcelana no articulador sobre a base fusible dunha prótese parcial.* Os dentes artificiais seleccionados son os adecuados en canto a material, dimensión, forma e cor, segundo as especificacións de calidade estética marcadas polo facultativo.

* Articuláronse sobre o rolo os dentes seleccionados, tallaronse de talón, respectando ó máximo a morfoloxía oclusal e seguíronse os principios da colusión e da estética.

* Realizouse a montaxe, axuste e articulación dos dentes artificiais de acrílico ou porcelana, no articulador sobre a base fusible, seguindo as normas de montaxe (plano de Camper, curvas de Wilson e Spee, e articulación de cúspides a foxos), realizando os movementos de lateralidade, de balanceo e de protrusión, de resistencia e de estética establecidos.
* A montaxe realizada presenta un aspecto natural.

3.6.Incorpora-los retentores, coados ou modelados, e os arcos e elementos preformados, necesarios para a retención, estabilidade e operatividade de prótese e órtese parcial, segundo o deseño establecido.* Introducíronse na base fusible os elementos de reforzo, retención e estabilización, modelados ou preformados, e os resortes, parafusos e sistemas de activación, segundo as indicacións da prescrición.

* Consideráronse e verificáronse o paralelismo, a retención, a estabilización e cantas accións se deberán realizar.

3.7.Produci-la órtese ou prótese parcial por polimerización de resina e rebordar próteses previas.* Enmuflouse o material fusible, os dentes e os retentores, respectando na masa de escaiola a súa disposición espacial.

* A resina foi cargada ou inxectada e polimerizada, seguindo os protocolos de traballo que corresponden ó material, en canto a tempo, temperatura e presión.

3.8.Comprobar, sobre o modelo articulado, que o producto final cumpre as indicacións da prescrición e reúne os requisitos de seguridade, articulación e estética establecidos.* Comprobouse o aparello de órtese ou prótese sobre o modelo de traballo; volveuse a montalo no articulador, de se-lo caso; e verificouse que se axusta ás indicacións da prescrición e que non presenta defectos de estructura que afecten a súa calidade.

* Repasouse e puíuse o material ata consegui-la textura superficial requirida, utilizando pasta de puír e feltros adecuados ó material.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Micromotor. Fresas e pedras. Papel de articular. Articulador. Paralelizador. Pranchas base. Xogos de dentes de acrílico e porcelana. Rolos de mordida. Espátulas de cera. Cera. Acendedor de gas. Retentores coados ou forxados. Arcos e parafusos de ortodoncia. Muflas. Acrílicos. Prensas. Fornos de acrílico. Motor de puír. Conos. Cepillos. Pasta de puír.

-Materiais e productos intermedios:

Dentes montados en proba sobre prancha base.

-Productos e/ou servicios:

Próteses e órteses dentofaciais removibles de resina.

-Procesos, métodos e procedementos:

Montaxe de dentes. Enmuflado. Polimerización da resina. Remontaxe da prótese producida. Puído e remate.

-Información:

Prescrición e acordos establecidos. Deseño do producto. Protocolo do tipo de resina empregada, temperatura, tempo e presión.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Control de calidade do laboratorio. Administración do laboratorio para a súa expedición.

2.5.4. Unidade de competencia 4: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais removibles metálicas:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Realiza-la modelaxe en cera e mediante preformas da base metálica e retentores, que se producirán segundo o deseño establecido e dentro do paralelismo que permita o modelo de traballo.* Realizouse o paralelismo das estructuras anatómicas, seleccionado o eixe de inserción adecuado.

* Reproduciuse o modelo mestre en revestimento.

* Modeláronse en cera a base, os conectores, as sochapas e retentores, en función do deseño predeterminado e leitos de apoio no modelo de traballo e dentro das marxes que permita o paralelismo das estructuras anatómicas.

* Incorporouse o número de bebedoiros do calibre e lonxitude apropiados á estructura deseñada.

4.2.Producir por coada a cera perdida a base metálica, seguindo a técnica específica para a aliaxe determinada.* Cargouse o cilindro con revestimento, seguindo o procedemento establecido.

* Prequentouse o cilindro para a perda da cera e, posteriormente, ata alcanza-la temperatura final de coada.

* A aliaxe metálica foi fundida seguindo protocolos de tempo e de temperatura.
* Inxectouse o metal fundido por centrifugación sen producir poros na estructura.
* Cortáronse os bebedoiros; chorreáronse con area as superficies; repasouse, e aplicouse o baño electrolítico.

4.3.Soldar novas seccións metálicas de barras, conectores e retentores a estructuras metálicas preexistentes.* O tipo de soldadura seleccionado correspóndese co material que se vai soldar.

* O producto reúne as condicións de resistencia e funcionalidade demandadas e incorpora o paralelismo necesario.

4.4.Montar, axustar e articular sobre a base metálica producida os dentes artificiais de acrílico ou porcelana, seguindo normas de deseño, articulación, estabilidade, resistencia e estética establecidas.* Articuláronse os dentes seleccionados sobre a estructura metálica, cumprindo os principios da oclusión.

* A montaxe realizada presenta unha aparencia estética natural.

* A retención dos dentes protésicos é suficiente para garanti-la funcionalidade do aparello producido.

4.5.Polimeriza-los elementos de resina sobre as estructuras metálicas.* As estructuras metálicas producidas incorporan os elementos de cera que permiten a súa transformación en resinas.
* Seguiuse o proceso establecido de enmuflado, inxección de resina e polimerización, axustándoo ós criterios de tempo e temperatura requiridos.

4.6.Comprobar que o producto final cumpre as indicacións da prescrición e reúne os requisitos de calidade establecidos.* Comprobouse sobre o modelo de traballo (remontando no articulador, se procede), que a estructura metálica e a montaxe se axustan ás prescricións e ó deseño, e que non presenta defectos de estructura ou de montaxe que afecten a súa calidade.
* Puíronse e repasáronse os defectos de superficie que presente tanto a estructura metálica como o acrílico, para obte-la calidade establecida.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Xelatinas e revestimentos. Cera de modelar e preformas (reixas, bases, conectores e retentores) de cera e calcinables. Espátula de modelar e acendedor de gas. Paralelómetros. Cilindros. Bebedoiros de cera. Fornos de cromocobalto. Arcos voltaicos para fusión. Centrifugadoras. Aliaxe de cromocobalto. Balanzas. Mazas. Chorro de area. Cortadora de cromocobalto. Baño electrolítico. Puidoras.

-Materiais e productos intermedios:

Modelo en revestimento. Estructura modelada en cera. Cilindro cargado.

-Productos e/ou servicios:

Estructura metálica coada.

-Procesos, métodos e procedementos:

Duplicidade do modelo de traballo en revestimento. Modelaxe en cera da estructura deseñada. Introducción en cilindro da estructura de cera. Introducción de cilindros no forno de cromocobalto. Fundición do metal e inxección por centrifugación. Recorte de bebedoiros. Baño electrolítico e puído.

-Información:

Deseño do producto. Preformas dispoñibles. Protocolo de aliaxe, materiais e equipos empregados.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Sección de resina.

2.5.5. Unidade de competencia 5: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais fixas:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Fabrica-los tocos individualizados, segundo o deseño establecido e conseguindo a calidade requirida.* Os tocos individualizados producidos respectan as marxes orixinais da preparación.

* Os tocos individualizados fabricados reproducen a súa posición espacial e dimensional no modelo de traballo.

5.2.Obte-la forma da estructura da prótese mediante a realización da técnica de encerado.* Obtívose, por modelaxe en cera, a forma da estructura metálica da peza final, respectando os grosores mínimos.

* Obtivéronse relacións de cúspide a foxo cos antagonistas e de contacto cos adxacentes, segundo normas de funcionalidade.

* Incluíuse un sistema de retención mecánico por perlas ou ángulos para o material estético.
* Incorporáronse bebedoiros de calibre e lonxitude adecuados á técnica de coada e centrifugación e ó metal escollido.

5.3.Obte-la estructura metálica determinada no deseño, mediante procedemento de coada a cera perdida.* Cargouse o cilindro e introduciuse no forno para perda da cera da estructura provisional e para alcanza-la temperatura final de coada.

* Fundiuse o metal ou a aliaxe na cantidade adecuada ó traballo, utilizando procedementos calóricos que respectan as súas propiedades.

* Centrifugouse o metal ata enche-la totalidade do espacio determinado pola cera perdida, sen producir poros.
* Cortáronse os bebedoiros, chorreouse a estructura, repasouse e comprobouse sobre o toco individual o axuste coa marxe de tolerancia determinada.

5.4.Realiza-las soldaduras necesarias en función do material e a estructura que hai que fabricar.* O tipo de soldadura e gases seleccionados son os adecuados para a estructura que se producirá.

* O tamaño da área obtida garante a resistencia funcional do producto.

* Recortáronse os excesos de material e puíuse a superficie da soldadura.

RealizaciónsCriterios de realización

5.5.Engadi-las facetas estéticas de acrílico sobre a estructura metálica, cumprindo os requisitos da prescrición.* Modelouse o material estético acrílico, seguindo as especificacións de manexo de cada tipo de material e os requisitos de resistencia, forma e cor.
* Polimerizouse a resina das facetas estéticas sobre a estructura metálica, de forma que queden retidas sobre ela.
* As facetas obtidas cumpren os requirimentos de forma, cor e articulación requiridos polo deseño establecido, e semellan, na súa anatomía, o resto das pezas presentes no modelo.

5.6.Modelar en porcelana a estructura de coroas, pontes, caras e incrustacións.* Utilizáronse opaquers, dentina incisal e cervical e pigmentos nas zonas onde se requiriu para obter un acabado estético.
* Produciuse, por modelaxe con espátula e pincel, a forma da peza final, respectando grosores mínimos e seguindo as normas de calidade, deseño e articulación establecidas.
* Obtívose unha relación coa peza antagonista, acorde coas normas de oclusión.

5.7.Realiza-lo cocido de porcelana para obte-lo producto solicitado.* Programouse o forno no ciclo adecuado de tempo e temperatura conforme os requisitos do material que se emprega, e se realiza no mesmo o ciclo completo.
* Comprobouse que a estructura obtida ten a forma e o grosor predeterminados, e que axusta sobre o toco individual do modelo de traballo coa tolerancia establecida.
* Aplicáronse pigmentos no bañado, de se-lo caso, ata consegui-la aparencia estética desexada.

5.8.Comprobar, sobre o modelo articulado, que o producto final cumpre as indicacións da prescrición e reúne os requisitos de seguridade, articulación, tamaño, forma e cor establecidos.* A estructura obtida cumpre os requisitos de cor establecidos na guía cromática seleccionada, e está integrada respecto á súa forma co resto de pezas presentes no modelo.

* Comprobouse o axuste da estructura sobre o toco individual.

* Comprobouse, remontando no articulador, a oclusión, estética e articulación da estructura fabricada.

* Puíronse as superficies de metal e acrílico da prótese, para obter un acabado de calidade da prótese.
* Comprobouse, remontando no articulador, que as relacións de articulación co antagonista e de contacto cos adxacentes son as adecuadas.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Cera de modelar e preformas. Acendedor de gas. Espátulas. Cilindros. Revestimentos acordes ó tipo de aliaxe. Máquina de coar de gas. Centrifugadora. Chorro de area. Soldadora. Calibre de grosores. Balanza. Aliaxe. Discos de carborundo. Micromotor. Estructura metálica de soporte. Opaquer e po de porcelana. Acrílicos. Pinceis e espátulas de modelar. Fornos de cerámica e de polimerizar. Turbinas e pezas de man de laboratorio. Fresas e pedras. Líquidos e pigmentos de bañar e caracterizar.

-Materiais e productos intermedios:

Estructura modelada en cera. Estructura en acrílico sen polimerizar ou porcelana sen cocer. Estructura de porcelana en biscoito.

-Productos e/ou servicios:

Estructuras metálicas. Tocos artificiais. Incrustacións metálicas. Prótese fixa de porcelana ou acrílico. Caras estéticas. Incrustacións estéticas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Modelaxe en cera. Coada e inxección do metal. Soldadura. Puído e remate. Polimerización do acrílico. Cocido da porcelana. Axuste e articulado. Adecuación cosmética.

-Información:

Deseño da estructura, prescrición e acordos. Protocolo de materiais metálicos e procesos. Protocolo de manipulación do tipo de resina e porcelana e do equipamento de producción.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Sección de control de calidade. Administración do laboratorio para a súa expedición.

2.5.6. Unidade de competencia 6: fabricar, modificar e reparar aparellos ortodóncicos e compoñentes de próteses dentais de arame e bandas metálicas:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Modela-las estructuras que actúen como retentores, estabilizadores e elementos de activos en próteses e órteses dentofaciais removibles, mediante arame, arcos e bandas metálicas de diversos calibres, sección e rixidez do material.* Seleccionouse o tipo de arame, banda ou arco de acordo coa función que realizará, tendo en conta o seu grosor e propiedades físicas.

* Déuselle forma ó fío, mediante os alicates adecuados, para consegui-la estructura determinada: Adams, gravatas ou retenedores de bolas.

* O arco utilizado é acorde coa técnica (Begg, Canto) empregada polo facultativo.

* A estructura producida foi dotada dunha terminación de ancoraxe suficiente para se inserir na base acrílica da prótese ou ortese.

6.2.Fabricar, modificar ou reparar aparellos extraorais, placas, activadores e posicionadores de aplicación en ortodoncia, cumprindo as normas de seguridade e calidade establecidas.* Realizáronse as soldaduras de bandas e fíos, segundo as normas de seguridade e de calidade establecidas.

* Desenvolvéronse os deseños do facultativo, no referente a forzas, retenedores e apoios nas estructuras (queixelas, escudos labiais e reixas), conforme as súas prescricións e indicacións.

* As técnicas de polimerización de resina utilizadas produciron estructuras funcionais e resistentes.

6.3.Comprobar e activar, se procede, a función dos elementos confeccionados sobre as órteses e próteses producidas, seguindo as indicacións da prescrición.* Activáronse e axustáronse os diversos elementos mediante alicates ata dota-la ortese e prótese da funcionalidade requirida na prescrición.

* Comprobáronse sobre o modelo a retención e a estabilidade do producto.

* Comprobáronse, mediante dinamómetros, as forzas exercidas polos elementos activos.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Arames metálicos de diferentes materiais, calibres, seccións e elasticidade. Bandas metálicas. Alicates para forxa de fío. Soldadora de puntos. Paralelómetros. Modelos de traballo. Deseño. Parafusos de ortodoncia. Resortes. Brackets.

-Materiais e productos intermedios:

Retentores de ortodoncia, Adams, de bola e arcos.

-Productos e/ou servicios:

Retentores para próteses removibles de resina. Activadores e arcos de ortodoncia. Mantedores de espacio. Férulas para suxeita-lo queixo. Escudos vestibulares. Bimlers. Posicionadores.

-Procesos, métodos e procedementos:

Selección do tipo de fío. Forxado da forma. Soldadura. Técnicas de autopolimerización e de polimerización de resina.

-Información:

Deseño da prótese ou órtese. Propiedades físicas do material dispoñible.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Sección de prótese removible de acrílico. Sección de control de calidade, administración e expedición do producto.

2.5.7. Unidade de competencia 7: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais cirúrxicas mixtas, de precisión e implantosoportadas:

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Fabrica-los retentores e compoñentes de próteses mixtas, de precisión e implantosoportadas, a partir de elementos de plástico e aliaxes metálicas calcinables, preformas e modelaxes en cera, mediante coada e soldadura.* Identificáronse e seleccionáronse os elementos calcinables e preformas correspondentes para elabora-la prótese solicitada.

* As especificacións técnicas de coada foron as adecuadas para cada tipo de aliaxe e material na súa producción e soldadura.

* A peza producida axusta sobre o modelo de traballo coas tolerancias permitidas.

* Os implantes xustaóseos, obturadores de veo do padal, férulas e arcos de bloqueo para fracturas, próteses estéticas de reposición de estructuras faciais, incorporan na súa estructura as prescricións do facultativo.

7.2.Incorporar na estructura das próteses fixas e removibles os retentores intracoronais e elementos de implantopróteses requiridos, mediante técnicas de microfresado e axuste, soldadura e coada.* Identificáronse os retentores intracoronais, ataches, barras de Ackerman, botóns e elementos de implantoprótese que se corresponden co deseño establecido.

* O fresado e axuste, a soldadura ou a coada realizada, cumpren os requisitos de resistencia e calidade demandados á estructura.

7.3.Axusta-los diversos compoñentes das próteses mixtas, de precisión e implantosoportadas, de forma que cumpran os requisitos da prescrición e o deseño establecidos.* Comprobouse o axuste de tocos coados, ataches, rompeforzas, coroas telescópicas, barras, implantes e férulas sobre o modelo de traballo.

* As diversas partes de que consta a prótese permite a súa armaxe e desarmaxe, a nivel do profesional e do seu portador, como se especifica no deseño.

* Comprobouse, remontando no articulador, a oclusión, estética e articulación da estructura producida.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Modelos de traballo con tocos desmontables. Articulador. Paralelómetros. Ataches. Preformas. Kits comerciais de implantoloxía. Soldadoras de gas. Microfresadoras.

-Materiais e productos intermedios:

Estructuras modeladas en cera e en material calcinable.

-Productos e/ou servicios:

Próteses mixtas e implantosoportadas. Próteses de precisión.

-Procesos, métodos e procedementos:

Modelaxe en cera. Coada. Microfresado. Soldadura.

-Información:

Prescrición facultativa. Deseño de estructuras metálicas protéticas fixas e removibles. Material comercial dispoñible.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Sección de prótese de acrílico e porcelana. Sección de control de calidade, administración e expedición do producto.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

A profesión de protético dental está perfectamente establecida e asentada dentro do sector sanitario, tanto no noso país como nos países do noso contorno, e non parece probable que aparezan grandes cambios na estructura organizativa do sector.

A nivel tecnolóxico, os procesos de fabricación están protocolizados, dentro da marxe que permite a elaboración de productos á medida, cun importante contido artesanal. Nos últimos anos vaise implantando a informática progresivamente, aplicada tanto á organización, administración e xestión de recursos, como, en certo modo, ó deseño gráfico de estructuras.

Este sector mobiliza un importante volume de negocio, que será crecente conforme se incremente o nivel económico da sociedade e a importancia que os individuos perciban que require a saúde dental e o seu aspecto físico.

Na conxuntura actual, prevese, a curto e medio prazo, un incremento da demanda de próteses dentais, motivado principalmente pola maior presencia do número de consultas e profesionais da odontoloxía, co conseguinte abaratamento do prezo das ditas próteses.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

As actividades deste sector experimentarán cambios significativos, tanto na xestión da empresa (aplicación de estudios de mercadotecnia), como na incorporación de novos materiais e procesos de fabricación, por ser este un sector onde ten grande impacto a tecnoloxía de materiais e os avances das ciencias médicas.

Xeneralizarase o manexo de programas informáticos aplicados á xestión do laboratorio dental e, en menor grao, ó deseño das próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

2.6.3. Cambios na formación:

Requiriranse maiores coñecementos de informática aplicada á xestión de recursos e ó deseño gráfico de próteses dentais e aparellos de ortodoncia por ordenador.

Serán necesarios maiores coñecementos de administración e xestión comercial, técnicas de mercado e promoción de productos, xestión de recursos humanos, financiamento e rendibilidade da empresa.

Requirirase estar ó día no coñecemento de novos materiais e novas técnicas polos avances tecnolóxicos no campo dos materiais e polos avances médicos no tratamento protético de lesións, que demandarán próteses tecnoloxicamente máis avanzadas.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

O técnico en próteses dentais poderá exerce-la súa actividade profesional no sector sanitario, na área de productos sanitarios, subsector de órteses e próteses dentofaciais.

Este técnico pode realiza-la súa actividade profesional dirixindo un laboratorio ou depósito dental ou traballando por conta allea para outro profesional do mesmo nivel.

As súas principais actividades profesionais consisten na planificación, organización, administración e xestión do depósito dental, o deseño de próteses dentais e de aparellos de ortodoncia, a fabricación, modificación e reparación de próteses dentais e aparellos de ortodoncia e o seu control de calidade.

Os productos protéticos dentofaciais son elaborados baixo pedido, por prescrición facultativa de odontólogos, estomatólogos e cirurxiáns maxilofaciais, e están destinados á corrección de defectos funcionais ou á substitución de pezas dentais ou dentaduras completas dos clientes ou pacientes.

Este técnico poderá participar en tódalas actividades que se realicen na súa área de traballo, incluída a docencia doutros técnicos.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

O técnico en próteses dentais sitúase nas funcións ou subfuncións de planificación, organización e xestión do laboratorio ou depósito dental, prestación do servicio e control de calidade dos productos.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen:

* Organización e xestión de recursos da súa área de traballo. Xestión de recursos materiais. Xestión de recursos humanos. Xestión administrativa e financeira. Xestión comercial.

* Coñecementos de informática a nivel de usuario.

* Terminoloxía odontolóxica. Anatomía, fisioloxía e patoloxía do aparello estomatognático. Articulación e oclusión dental.

* Deseño de próteses dentais e aparellos de ortodoncia.

* Técnicas de montaxe e tallado de dentes.

* Técnicas de modelaxe e producción de pezas de acrílico por autopolimerización. Técnicas de polimerización e puído de resinas. Termomodelaxe de estructuras plásticas.

* Coñecementos sobre aliaxes e metais: modelaxe de metais. Forxa de estructuras metálicas. Fundición

de metal, inxección por centrifugación e coada a cera perdida. Técnicas de soldadura.

* Coñecementos sobre cerámica: modelaxe en porcelana. Cocedura de cerámica. Técnica de baño.

* Puído e acabado da prótese: técnicas de fresado. Técnicas de puído por chorro de area. Baño electrolítico.

* Control de calidade dos productos.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Técnico protésico dental.

* Técnico de próteses fixas.

* Técnico de próteses removibles.

* Técnico de ortodoncia.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analiza-las características anatómicas e funcionais do aparello estomatognático identificando as estructuras que o compoñen, as súas relacións e as súas funcións.

* Interpreta-las especificacións técnicas das prescricións facultativas, relacionando alteracións funcionais e ausencias de pezas dentarias cos sistemas de corrección ou substitución que se poden aplicar co fin de deseñar ou reparar próteses ou órteses dentofaciais.

* Analiza-la viabilidade de implantación, nun contorno determinado, dun laboratorio de próteses dentais, identificando as fontes de información e os datos necesarios para crear unha empresa.

* Relaciona-los parámetros e variables do contorno socioeconómico coa natureza da actividade e os recursos dispoñibles, co fin de defini-las finalidades a características máis viables e satisfactorias dunha empresa de fabricación de próteses dentais e elementos consumibles relacionados co taller ou laboratorio de próteses dentais.

* Utiliza-los paquetes informáticos de carácter xeral, adaptándoos á organización, xestión e tratamento da información dun taller ou laboratorio de próteses dentais.

* Analiza-la estructura orgánica e funcional dos centros, servicios ou unidades do sector sanitario, e a normativa vixente, relativas a temas de seguridade, hixiene e documentación clínico-administrativa.

* Analizar prescricións e rexistros para obter un modelo mestre que permita deseñar próteses dentais e aparellos de ortodoncia, definindo os materiais, os medios, os procesos de fabricación e o seu custo.

* Analizar e aplica-los procedementos de elaboración e modificación de próteses removibles acrílicas parciais ou totais, obtendo as ditas próteses en condicións de calidade e tempo establecidos.

* Analizar e aplica-los procesos de elaboración e reparación de próteses removibles de base metálica, en virtude dos resultados obtidos na paralelización do modelo mestre.

* Analizar e aplicar técnicas de preparación de tocos individuais e de confección de coroas blindadas e para fronte estética, coroas de acrílico, coroas Jacket, incrustacións, falsos tocos, e coroas e pontes de porcelana, destinadas á elaboración de próteses dentais fixas.

* Analiza-los parámetros anatómicos e de oclusión necesarios para a elaboración de predeterminacións e elementos de aparellos ortodónticos.

* Elaborar e incorporar á placa ortodóntica os elementos de ortodoncia definidos, obtendo o aparello de ortodoncia prescrito.

* Analiza-las características e aplicacións dos ataches, conectores, barras estructurais e outros elementos de ancoraxe para a elaboración de próteses mixtas.

* Analizar e aplica-los procedementos de confección de férulas e implantes para a elaboración de próteses cirúrxicas e implanto-soportadas.

* Analizar e aplica-los procedementos de confección de férulas e implantes para a elaboración de próteses

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións no contorno de traballo, así como os mecanismos de inserción laboral.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación da súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: organización, administración e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentais:

Asociado á unidade de competencia 1: administrar e xestionar un laboratorio de próteses dentais.

Capacidades terminais elementais

* Relaciona-las diferentes administracións sanitarias públicas de España e da Unión Europea cos órganos que dependen delas e coas unidades básicas en que se encadran.

* Relaciona-la estructura funcional e organizativa das institucións sanitarias coas funcións de titularidade, forma xurídica e tipo de actividade ou servicio que presta.

* Identifica-lo contido, datos estructurais e formais, tramitación, fluxos de tramitación, sistemas de codificación e rexistro da documentación sanitaria, dependendo da súa finalidade.

* Realiza-lo proceso de recepción, rexistro e distribución da documentación sanitaria recibida e emitida, dependendo das normas internas e seguindo criterios de confidencialidade.

* Recoñece-los sistemas de arquivo, conservación e acceso a documentación sanitaria, partindo das normas da empresa.

* Especifica-la estructura dos documentos e dos códigos empregados para face-lo rexistro dos documentos sanitarios, matizando os mecanismos de circulación da documentación nas institucións sanitarias.

* Explica-la estructura dunha historia clínica tipo, describindo as diferentes fases de custodia de documentos e das probas diagnósticas.

* Facer diagramas dos servicios e unidades hospitalarias, describindo as súas relacións e dependencias, tanto internas coma externas.

* Analiza-la documentación técnica precisa para o desenvolvemento da súa actividade profesional, clasificándoa segundo as materias e actividades propias do protésico dental.

* Explica-los tipos de rexistro de material clínico, as características da información que conteñan e os métodos de codificación e procedementos de arquivo máis empregados no sector sanitario.

* Emprega-las aplicacións informáticas útiles para a xestión, organización e tratamento dos datos sanitarios dunha pequena empresa.

* Determina-los métodos e condicións de almacenamento e conservación do material do gabinete de prótese dental, partindo das súas características e seguindo criterios de orde e seguridade no traballo.

* Determina-la cantidade de existencias para repor no almacén, cubrindo as fichas do almacén.

* Explica-los tipos de rexistro de material clínico, as características da información que conteñan e os métodos de codificación e procedemento de arquivos máis empregados no sector sanitario.

* Realiza-lo inventario de existencias, identificando as necesidades de reposición e efectuando as correspondentes ordes de pedido.

* Especifica-las condicións de conservación do material, en función das súas características e necesidades de almacenamento.

* Selecciona-la base de datos axeitada ás necesidades identificadas.

* Redactar resumos de actividade e informes de resultados, partindo dos datos existentes na base de datos.

* Determina-lo custo de producción e as partidas que deben ser incluídas no documento de orzamento ou factura.

* Explica-los criterios mercantís dos documentos contables de uso no gabinete ortoprotésico, identificando as normas fiscais que deben cumprir.

* Confecciona-lo documento, orzamento ou factura determinando o importe total e desagregamento do servicio solicitado.

* Diferencia-las características, requisitos de constitución e funcións dos órganos de goberno das diferentes formas xurídicas de empresa.

* Identifica-los trámites administrativos, a documentación e as condicións formais que esixen os organismos públicos para a constitución dunha empresa e para o desenvolvemento da actividade económica.

* Describi-las técnicas de negociación con clientes e/ou provedores e de promoción de vendas en función do tipo de productos e/ou servicio.

* Relacionar e describi-las normas sobre simboloxía e localización de sinais, alarmas, equipos contra incendios e equipos de primeiros auxilios.

* Relaciona-los factores e situacións de risco para a saúde no contorno laboral coas medidas preventivas e os medios que se empreguen, cumprindo a normativa específica de seguridade e hixiene.

* Identifica-los factores que determinan a calidade de atención ou prestación do servicio ou producto.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Organización sanitaria:

* Análise dos documentos legais.

* Análise dos indicadores de saúde.

Documentación sanitaria:

* Ordenamento da información.

* Selección das fontes de información.

* Análise dos contidos dos documentos.

* Identificación e cuantificación dos datos.

* Comprobación dos datos, cálculos e resultados.

Xestión de existencias e inventarios:

* Comprobación da documentación precisa no proceso administrativo de compravenda.

* Xestión dos stocks.

* Confrontación dos datos coa información de partida.

* Comprobación dos cálculos e dos resultados.

* Corrección dos erros.

Tratamento da información e documentación:

* Determinación dos datos de clientes e provedores.

* Selección da aplicación informática pertinente.

* Introducción da información no programa informático.

* Almacenamento, edición e difusión dos datos.

* Xestión das necesidades de reposición do almacén.

* Formalización dos documentos de pedidos.

* Envío dos pedidos.

* Comprobación do material recibido.

* Rexistro informático do material recibido.

Aplicacións informáticas:

* Selección e emprego das aplicacións informáticas de facturación.

* Selección e emprego das aplicacións informáticas de xestión e control do almacén.

Xestión de persoal:

* Selección e emprego das aplicación informáticas de xestión e control de nóminas e seguros sociais.

Xestión comercial:

* Aplicacións e emprego do software estándar de xestión comercial.

* Aplicación das técnicas de venda.

* Aplicación das técnicas de atención ó cliente.

Calidade da prestación do servicio e do producto:

* Clasificación da documentación.

* Codificación e rexistro informático de datos.

* Distribución ó destinatario.

Custo de producción:

* Cálculo dos tipo de custos.

* Emprego das aplicacións informáticas máis habituais.

Elaboración do orzamento:

* Uso das aplicacións informáticas máis empregadas na elaboración de orzamentos.

Contidos conceptuais

Organización sanitaria:

* A sanidade no conxunto da Unión Europea.

* Estructura do sistema sanitario público español.

* Lei xeral de sanidade.

* Estructura da sanidade pública galega: sector público e sector privado.

* Normativas de seguridade e hixiene.

* Aspectos sociolóxicos e demográficos en relación coa saúde: estudio da comunidade e indicadores de saúde.

* Niveis de prevención sanitaria: prevención primaria, secundaria e terciaria.

* Concepto de atención primaria e hospitalaria.

* A empresa de servicios sanitarios: funcións, tipos, modelos e organización.

Documentación sanitaria:

* Documentación clínica:

-Tipos de documentos: intrahospitalarios, extrahospitalarios e intercentros.

-Utilidades e aplicacións.

-Criterios e cumprimentos.

-Métodos de circulación da información.

* Documentación non clínica:

-Tipos de documentos: intrahospitalarios, extrahospitalarios e intercentros.

-Utilidades e aplicacións.

-Criterios e cumprimentos.

-Métodos de circulación da información.

* Tratamento da información e documentación: arquivos, rexistro, mantemento, conservación e seguridade da información.

Xestión de existencias e inventarios:

* Sistemas de almacenaxe: técnicas e inconvenientes.

* Formas de clasificación dos recursos materiais sanitarios.

* O control das existencias: métodos de valoración.

* As fichas de almacén.

* Stock mínimo e reposición das existencias.

* Inventarios: clasificación e elaboración.

* Normas de seguridade e hixiene aplicada nos almacéns de prótese dental.

* Condicións de almacenamento dos materiais.

Tratamento da información e da documentación:

* Documentación comercial: o pedido, o albará, a factura e o recibo (función, estructura e requisitos formais).

* Réximes de aplicación do IVE.

* Documentación financeira: o cheque e a letra de cambio; función e requisitos formais.

* Documentación de contratación de servicios de seguro e compravenda.

* Documentación do producto e servicios propio da actividade.

Aplicacións informáticas:

* As aplicacións informáticas de facturación.

* As aplicacións informáticas de xestión e control do almacén.

* O software de xestión estándar.

A empresa e o seu contorno:

* Concepto xurídico-económico de empresa.

* Constitución da empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Funcións, elementos e obxectivos empresariais.

* Estructura interna: áreas funcionais e organigrama de relacións.

* Localización da empresa: requisitos, normas urbanísticas e ambientais.

* Dimensión da empresa: capital, investimento e financiamento. Recursos humanos e previsión de ingresos e gastos.

Formas xurídicas das empresas:

* O empresario individual.

* As sociedades mercantís e as cooperativas.

* As diferentes formas de sociedades mercantís.

Xestión do persoal:

* Convenio do sector.

* Os diferentes tipos de contratos laborais.

* A contratación dos traballadores: documentos pertinentes e afiliación.

* O réxime de autónomos.

* A retribución laboral: salarios, nóminas e documentación pertinente.

* Os seguros sociais.

* A selección de persoal: perfil, condicións laborais e proceso de selección.

Xestión comercial:

* Elementos básicos da comercialización.

* O producto e o servicio: características, requisitos e normas.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A xestión de compras: prezo, prazos e formas de entrega.

* Técnicas de venda. Bonificacións e descontos.

* Publicidade e promoción de vendas.

* Atención o cliente e servicios posvenda.

* Imaxe da empresa. Logotipo e documentación.

O proceso de atención ou prestación do servicio:

* Obxectivos, fases, operacións e recursos.

* Normativa aplicable.

Calidade de prestación do servicio ou do producto:

* Técnicas de control de calidade na prestación do servicio ou producto.

* Control de calidade interno e externo.

Custo de producción:

* O ciclo contable.

* Os custos anuais: contas de resultados e o balance de situación. Composición e análises.

* O prezo de custo: tipos de custos, o prezo de custo e o prezo de venda.

* A previsión de resultados.

Elaboración do orzamento:

* Custos de producción.

* Custos de material.

* Custos do factores de producción.

* Custos indirectos.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude na elaboración de orzamentos, na solicitude de material e na formalización dos documentos clínicos e non clínicos.

* Valoración da importancia da prioridade na xestión de documentación dos casos máis urxentes.

* Rigor no cumprimento das normas legais, tanto nos procesos de constitución e xestión da empresa como na formalización e tramitación de documentación de producto.

* Responsabilidade no cumprimento das normas de confidencialidade da información relacionada co paciente ou cliente.

* Valoración da importancia da exactitude na aplicación dos métodos de control de existencias.

* Responsabilidade na actualización e busca de información para a creación do proxecto empresarial e a mellora de calidade e/ou eficacia da empresa.

* Actitude eficaz e dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos recursos na programación das fases do traballo, valorando a secuencia e orde establecidos para obte-la calidade requirida.

3.2.2. Módulo profesional 2: deseño de próteses e aparellos de ortodoncia:

Asociado á unidade de competencia 2: defini-lo producto, organizar, programar e controla-la fabricación de órteses e próteses dentofaciais.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las características anatómicas e fisiolóxicas do aparello estomatognático, relacionándoas coa súa implicación no deseño adecuado da órtese ou prótese.

* Identifica-las características morfolóxicas e funcionais dos dentes e tecidos de soporte, a súa localización e relacións oclusais, detectando as posibles alteracións xinxivais ou dentais que poidan influír no deseño.

* Describi-los tipos de próteses ou aparellos de ortodoncia, os seus compoñentes e as súas aplicacións, e deseña-lo máis axeitado a partir da información da prescrición facultativa, tendo en conta a análise dos modelos e os requisitos estéticos e funcionais.

* Manipula-las impresións e rexistros segundo os seu tipos e características, determinando as condicións de recepción e arquivo de acordo coas normas hixiénico-sanitarias e os protocolos establecidos, para obte-lo modelo mestre coa calidade requirida.

* Realizar cubetas individuais, pranchas base e rodetes de articulación sobre modelos mestres, adecuando a súa extensión, adaptación e axuste segundo os requisitos establecidos.

* Analiza-los compoñentes da articulación témporo-mandibular e os seus movementos funcionais, e relacionalos co dos modelos anatómicos montados no articulador.

* Relaciona-los diferentes tipos de articuladores coas características, aplicacións, vantaxes e inconvenientes, e monta-los modelos de traballo con destreza, transferindo coa precisión requirida os rexistros oclusais e seleccionando o máis axeitado ó tipo de prótese dental ou ortodoncia identificada.

* Transferir correctamente os rexistros oclusais en céntrica, en protrusiva e en lateralidade, diferenciando o lado de traballo e de balanceo, sobre articuladores semiaxustables, aplicando axeitadamente as indicacións de angulación requiridas.

* Analiza-las características e aplicacións máis importantes do deseño asistido por ordenador (DAO), relacionándoas e comparándoas coas técnicas de representación gráfica convencionais e especificando as súas respectivas vantaxes e inconvenientes.

* Representar graficamente con medios informáticos esquemas de diferentes tipos de próteses ou aparellos de ortodoncia, en dúas e tres dimensións, obtendo copias de seguridade e un arquivo ordenado e de doado acceso.

* Analiza-la organización de diferentes tipos de laboratorios dentais identificando prestacións e recursos, así como as fases e tempos de producción segundo o tipo e características do producto, tendo en conta a normativa específica de fabricación e de seguridade hixiénico-sanitaria.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Anatomía e fisioloxía do aparello estomatognático:

* Localización das diferentes estructuras da cavidade bucal e as alteracións dentais e/ou xinxivais no modelo de estudio.

* Clasificación dos dentes segundo a súa situación, grupo, dentición e características especiais, utilizando os diferentes sistemas de nomenclatura.

* Comparar e identifica-las características dos dentes cos patróns de referencia, identificando as pezas dentarias.

* Identificación das diferencias entre os dentes temporais e os permanentes, así como entre as dúas denticións.

* Observación nos modelos montados nun articulador das relacións oclusais e os contactos en céntrica, lateralidade e protrusión.

* Descrición da articulación témporo-mandibular e os seus movementos, identificándoos no articulador.

* Recoñecemento das maloclusións e malposicións, as súas causas e identificación nos modelos articulados.

Materiais, equipos e instrumentos para próteses dentais:

* Clasificación dos materiais dentais segundo o seu uso e descrición das medidas de conservación adecuadas.

* Identificación dos diferentes tipos de materiais dentais e observación das súas características.

* Comparación das diferentes propiedades dos materiais segundo o tratamento empregado.

* Cálculo da resistencia dos materiais que se empreguen na fabricación de próteses dentais.

* Descrición dos problemas de biocompatibilidade dos materiais empregados nas próteses dentais e as medidas de protección utilizadas nos seus procesos de elaboración.

* Utilización dos diferentes equipos e instrumentos do laboratorio dental identificando o lugar en que están e as súas medidas de seguridade, de axuste e de mantemento para optimiza-lo traballo.

Confección de modelos, cubetas e pranchas base:

* Modelos:

-Aplicación do tratamento adecuado á impresión segundo o material utilizado tendo en conta que garanta a súa estabilidade dimensional, seguridade e hixiene requirida.

-Baleirado das impresións co xeso apropiado segundo o tipo de prótese ou órtese que se realice e en función dos protocolos establecidos para obte-la calidade precisa.

-Observación e reparación dos posibles erros no baleirado dos modelos.

* Cubetas:

-Realización de cubetas individuais, seleccionando o material, delimitándoas convenientemente, conseguindo o espacio adecuado ó tipo de material para a impresión e comprobando a súa estabilidade sobre o modelo.

* Pranchas de articulación:

-Realización de pranchas base, seleccionando o material segundo súa aplicación, delimitándoas convenientemente, adaptando os rodetes de mordida cos parámetros establecidos e comprobando a súa estabilidade sobre o modelo.

Próteses dentais e aparellos de ortodoncia:

* Identificación dos diferentes tipos de próteses e compoñentes describindo as súas características e aplicacións.

* Identificación dos diferentes tipos de aparellos de ortodoncia e describindo as súas características e aplicacións.

* Interpretación das diferentes prescricións facultativas, extraendo tódolos datos necesarios para o deseño da prótese ou órtese.

* Identificación, en caso de dúbida, dos protocolos acordados para a súa aclaración, así como para as propostas de modificacións ou mellora, na funcionalidade ou no custo, do producto.

* Descrición das características que pode presenta-lo modelo mestre, relacionándoas co deseño da solución protésica máis adecuada (tipo e compoñentes).

* Marcaxe, sobre o modelo de traballo, da base protésica e retentores da prótese dental ou aparello de ortodoncia, tendo en conta as prescricións facultativas.

Articuladores:

* Descrición do manexo, elementos e técnica de montaxe dos modelos de traballo sobre os distintos articuladores.

* Selección do articulador adecuado á técnica, o tipo de prótese ou órtese identificada, preparando o material necesario.

* Montaxe dos modelos de traballo no articulador semiaxustable, transferindo, coas marxes de fidelidade establecidas, os rexistros oclusais en céntrica, en protrusiva e en lateralidade, diferenciando o lado de traballo e o de balanceo e aplicando correctamente as indicacións de angulación da prescrición.

Proceso de fabricación:

* Identificación das características constructivas, estéticas e funcionais da prótese ou órtese, así como súa viabilidade de fabricación.

* Selección dos equipos e materiais necesarios para a fabricación da prótese ou órtese identificada.

* Determinación dos tempos de entrega e procesos de fabricación máis adecuados para optimiza-los recursos (humanos e materiais) do laboratorio.

* Establecento dos controis necesarios para asegura-lo nivel de calidade do producto identificando as normas e medidas de seguridade e hixiene que se deben observar no desenvolvemento do traballo.

Deseño asistido por ordenador de próteses ou órteses dentais:

* Descrición das características e aplicacións máis importantes do deseño asistido por ordenador (DAO).

* Representación gráfica das vistas, seccións, detalles, cotas e esquemas dos elementos das próteses ou aparellos de ortodoncia cos medios convencionais e/ou informáticos.

Contidos conceptuais

Anatomía e fisioloxía do aparello estomatognático:

* Embrioloxía e anatomía maxilo-facial.

* Morfoloxía e fisioloxía das estructuras da cavidade bucal.

* Musculatura: da cara, dos beizos e da mastigación.

* Articulación temporo-mandibular (ATM): elementos e dinámica da ATM.

* Desenvolvemento, erupción e histoloxía dental.

* Os dentes: funcións, situación, fórmulas dentarias e sistemas de nomenclatura.

* Denticións: temporal, permanente e mixta.

* Morfoloxía: dos dentes permanentes, dos temporais e dos tecidos de soporte.

* Oclusión: factores que a condicionan e tipos.

* Maloclusión dental: implicacións fisio-patolóxicas, clasificación e tipos.

Materiais, equipos e instrumentos para o laboratorio dental:

* Tipos e características dos materiais do laboratorio dental.

* Propiedades dos diferentes materiais: magnitude e unidades fundamentais de medida.

* Nocións de resistencia: cálculo de esforzos.

* Procedementos que modifican as propiedades dos materiais: fundamentos, comportamento e relación das propiedades coa técnica empregada.

* Biocompatibilidade e medidas de protección cos materiais utilizados.

* Tipos, características e aplicacións dos equipos e instrumentos del laboratorio dental.

* Condicións de uso, axuste, situación, mantemento axeitado e normas de seguridade dos equipos.

Confección de modelos, cubetas e pranchas base:

* Modelos:

-Materiais de impresión: clasificación, características e aplicacións.

-Tratamento das impresións segundo o material utilizado.

-Materiais para a confección de modelos: clasificación, características e aplicacións.

-Técnicas de baleirado.

-Criterios de calidade.

* Cubetas:

-Materiais para cubetas: tipos, características e aplicacións.

-Técnicas de confección.

* Pranchas de articulación:

-Materiais para pranchas base: tipos, características e aplicacións.

-Materiais para os rodetes: tipos e características.

-Técnicas de adaptación de pranchas base.

-Técnicas de adaptación dos rodetes, parámetros de referencia.

Próteses dentais e aparellos de ortodoncia

* Tipos e aplicacións das próteses dentais.

* Compoñentes das próteses dentais.

* Características, vantaxes e inconvenientes de cada tipo de próteses dentais.

* Tipos características e indicacións dos aparellos de ortodoncia

* Compoñentes dos aparellos de ortodoncia.

* Prescricións facultativas: tipos e características.

Articuladores:

* Tipos, compoñentes e aplicacións dos articuladores.

* Movementos do articulador e diferencias cos da ATM nos diferentes tipos.

* Técnicas de montaxe dos modelos nos diferentes tipos de articuladores.

* Funcionalidade e manexo dos distintos tipos de articuladores semiaxustables.

Proceso de fabricación:

* Proceso de producción: fases, técnicas e recursos humanos e materiais.

* Planificación, prazos de entrega, aproveitamento óptimo de recursos, control da calidade do proceso e do producto e factibilidade da fabricación.

* Normas e medidas de seguridade canto á calidade, resistencia e toxicidade de materiais, ás formas e dimensións do producto e ó proceso de fabricación.

Deseño asistido polo ordenador de próteses ou órteses dentais:

* Programas de deseño asistido por ordenador (DAO): características e aplicacións.

* Equipos para o DAO: compoñentes e manexo.

* Nocións básicas do DAO: comandos, procedementos de debuxo en dúas e tres dimensións, arquivo e copias de seguridade.

* Vantaxes e inconvenientes das técnicas de representación gráfica convencionais e das de DAO.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo de impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses, segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Valoración da importancia de comprobar sistematicamente os resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuencia e orde establecidos para obte-la calidade requirida, de acordo cos criterios de productividade e calidade, así como dos compromisos comerciais.

* Valoración da importancia da exactitude na elaboración dos modelos, cubetas individuais e pranchas de articulación.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses, tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Valoración da importancia da precisión requirida na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelos no articulador.

* Responsabilidade na selección do tipo e compoñentes das próteses ou órteses que máis se adecuen as características do modelo e as prescricións facultativas.

* Responsabilidade no manexo dos equipos informáticos.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

3.2.3. Módulo profesional 3: prótese removible de resina:

Asociado á unidade de competencia 3: fabricar, modificar e reparar próteses e órteses dentofaciais removibles de resina.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e selecciona-lo tipo de material, tamaño, forma e cor dos dentes protésicos en función das dimensións das arcadas, a información dos rexistros de mordida e as indicacións da prescrición facultativa.

* Establece-la distancia intermaxilar da prótese logo de montaxe no articulador dos rexistros do paciente e as indicacións do facultativo.

* Determina-la angulación e o contacto de cada unha das pezas sobre a pretiña de montaxe segundo os criterios anatomo-funcionais.

* Realiza-la montaxe, axuste e articulación dos dentes artificiais sobre pranchas base, para obter próteses removibles completas ou parciais de resina, seguindo a orde precisa, cumprindo os requisitos de oclusión e coa destreza necesaria para acada-la calidade adecuada.

* Comproba-la calidade da montaxe dos dentes sobre a prancha base, analizando os contactos oclusais en céntrica e nos movementos de lateralidade, balanceo e protrusión e realiza-las posibles correccións para consegui-lo axuste adecuado.

* Modela-la base protética, determinando o grosor, lonxitude e forma segundo as características da prótese total ou parcial removible que se realice.

* Relaciona-los tipos e características dos materiais acrílicos empregados na elaboración das próteses dentais co proceso, tempo, presión e temperatura de polimerización que se empregue.

* Realiza-la posta en mufla da prótese completa en cera, determinando as porcións, tempos e presión necesarios segundo as características técnicas do xeso e o tipo de prótese.

* Detectar e corrixi-las posibles variacións da dimensión vertical e dos contactos oclusais na prótese elaborada e remontada no articulador, realizando o tallado selectivo, se é o caso, para consegui-la exactitude requirida.

* Analiza-las pezas de soporte e as bases das próteses parciais removibles de resina no modelo mestre e determina-las zonas retentivas, expulsivas e guías de inserción óptimas.

* Selecciona-lo deseño do retentor máis adecuado á anatomía de cada peza e ós requisitos da prótese, cumprindo cos criterios de funcionalidade e estética adecuados e as especificacións da prescrición facultativa.

* Confecciona-los retentores segundo o deseño establecido, así como os elementos de reforzo e estabilización das pezas dentarias, e colocalos na base protética con destreza e precisión.

* Realiza-la posta en mufla da prótese parcial en cera recortando as zonas do modelo necesarias para consegui-la inmobilidade dos retentores e dos estabilizadores durante o procesado da resina.

* Repasar e puír con precisión e destreza as próteses totais ou parciais removibles de resina, seleccionando os equipos e o materiais necesarios para consegui-lo tamaño, grosor, detalles, textura e brillo superficial coa calidade requirida.

* Analizar e realiza-las composturas ou rebases das próteses co nivel de calidade requirido segundo o tipo de alteración ou defecto, as características das próteses e as especificacións facultativas.

* Seleccionar e prepara-los equipos e materiais necesarios para efectua-las reparacións ou adaptacións segundo os procedementos establecidos para cada caso.

Contidos (duración 425 horas)

Contidos procedementais

Próteses removibles de resina:

* Clasificación das próteses removibles de resina segundo a súa extensión e soporte, identificando os seus compoñentes e as súas características.

* Identificación dos distintos tipos de edentación segundo a clasificación de Kennedy.

Procesos de fabricación de próteses de resina:

* Selección do material e maquinaria precisa para as diferentes fases do proceso de fabricación e relacionalos co seu mantemento e conservación.

* Elaboración do modelo de traballo a partir da impresión.

* Elaboración das pranchas base e rodetes de rexistros.

* Montaxe dos modelos no articulador e transferencia dos rexistros.

Articulación dental:

* Análise da prescrición facultativa.

* Selección do tipo e características dos dentes protéticos.

* Elaboración do modelo de traballo a partir da impresión.

* Elaboración das pranchas base e rodetes de rexistros.

* Montaxe dos modelos no articulador e transferencias dos rexistros.

Articulación dental:

* Interpretación da prescrición facultativa e selección do tipo e características dos dentes protéticos en función da súa información, dos rexistros e da dimensión da arcada.

* Cálculo da distancia intermaxilar nas próteses completas, trala montaxe no articulador dos rexistros ou placas de articulación.

* Colocación dos dentes superiores e inferiores seguindo a secuencia e directrices establecidas e os criterios de angulación e oclusión adecuados, e axustando os contactos oclusais en protusión e lateralidade.

Modelaxe en cera:

* Selección do material e instrumental adecuado.

* Encerado da base protética segundo os criterios de extensión e grosor adecuados.

* Modelaxe segundo a forma anatomo-funcional requirida.

Polimerización da resina:

* Selección e preparación do equipo e material necesario.

* Preparación previa do modelo cando sexa necesario.

* Posta en mufla do modelo coa prótese encerada.

Polimerización da resina:

* Selección e preparación do equipo e material necesario.

* Preparación previa do modelo cando sexa necesario.

* Posta en mufla do modelo coa prótese encerada.

* Eliminación da cera:

-Control do tempo e temperatura.

-Lavado, preparación e vernizado do xeso e dentes.

* Empaquetado do acrílico:

-Control das fases da polimerización e identificación da adecuada para o empaquetado.

-Control e mantemento da presión durante a polimerización.

* Polimerización da resina:

-Control de tempos e temperatura segundo o tipo e instruccións da resina.

* Desenmuflado:

-Control de tempos de arrefriado.

Repasado e puído das próteses removibles de resina:

* Selección do equipo e material necesarios para o repaso, puído e abrillantado das próteses acrílicas.

* Repaso dos excesos da base para consegui-la extensión e grosor adecuados e as zonas xinxivais segundo os criterios anatómicos.

* Puído das irregularidades das próteses tralo repaso.

* Abrillantado e limpeza das próteses.

* Control da calidade: comprobación e corrección, se fose preciso, do axuste da base e retentores, puído, dimensión vertical, contactos oclusais en céntrica lateralidade e protrusión (tallado selectivo).

Paralelizadores:

* Análise dos modelos no paralelizador e elección do eixe de inserción óptimo en función das:

-Características anatomo-funcionais dos modelos.

-Zonas retentivas segundo a orientación do modelo.

-Superficies guías posibles.

-Interferencias en cada orientación.

-Posibilidades estéticas.

* Identificación das zonas retentivas e expulsivas das pezas piares para o eixe de inserción elixido: liña guía.

* Realización do alivio das zonas retentivas.

* Realización do deseño da prótese.

* Duplicación dos modelos preparados.

Retentores:

* Selección do material e instrumental para a confección dos retentores.

* Confección e colocación dos retentores e apoios oclusais en función da anatomía da peza de soporte e o deseño da prótese.

Composturas das próteses acrílicas:

* Identificación das características da compostura que se realiza e das posibles solucións, seleccionando a máis adecuada.

* Selección do equipo e material necesario para o repasado, puído e abrillantado das próteses acrílicas.

Rebases:

* Selección do equipo e material necesario.

* Realización do rebase mantendo a dimensión vertical establecida.

Contidos conceptuais

Próteses removibles de resina:

* Próteses completas: características e compoñentes (propiedades).

* Próteses parciais: características, compoñentes e clasificación de Kennedy.

Procesos de fabricación de próteses de resina:

* Equipos e materiais: características e técnicas de utilización, mantemento e conservación.

* Fases e operacións do proceso.

* Técnicas de confección de modelos:

-Tipos de impresión e características.

-Materiais de baleirado: características e proceso.

* Técnicas de confección de pranchas base e rodetes de articulación:

-Funcións e características.

-Materiais para pranchas e rodetes: características e confección.

* Técnicas de montaxe dos modelos no articulador.

Articulación dental:

* Dentes artificiais: funcións, características e propiedades.

* Criterios de selección de dentes artificiais.

* Materiais e instrumental necesario para o articulado dental: características e técnicas de utilización.

* Técnicas de montaxe dos dentes artificiais:

-Condiciones xerais.

-Transferencias de rexistros.

-Aliñación e oclusión.

Modelaxe en cera:

* Materiais e instrumental necesario: características e técnicas de utilización.

* Técnicas de modelaxe da base protética.

* Criterios para determina-los grosores e a lonxitude dunha base protética.

* Modelaxe anatomo-funcional: características, vantaxes e inconvenientes.

Polimerización da resina:

* Tipos de resinas para bases protéticas: características e polimerización.

* Procedementos de:

-Posta en mufla da prótese encerada.

-Eliminación da cera.

-Empaquetado do acrílico.

-Polimerización.

-Desenmuflamento.

Repasado e puído das próteses removibles de resina:

* Técnica de repaso: equipo e material necesario.

* A detección de erros na oclusión: tallado selectivo.

* Técnica de puído: equipo, materiais e protección adecuados.

* Técnica de abrillantado: equipo, materiais e protección adecuados.

* Criterios de calidade.

Paralelizadores e duplicado de modelos:

* Tipos e aplicacións.

* Elementos e funcións.

* Técnicas de paralelización:

-Orientación do modelo.

-Áreas retentivas.

* Eixe de inserción:

-Factores que interveñen na súa elección.

* Duplicado de modelos: equipos, materiais e técnicas.

Retentores:

* Retentores para próteses parciais de resina: elementos, tipos e características.

* Materiais e instrumentos: características e técnicas de utilización.

* Técnicas de confección de retentores.

* Criterios de calidade.

Composturas das próteses acrílicas:

* Alteracións máis frecuentes: fracturas, fisuras, reposición de dentes ou retentores, outros.

* Tipos de composturas.

* Materiais e equipos necesarios.

* Técnicas de reparación segundo a alteración ou defecto das próteses.

* Criterios de calidade.

Rebases:

* Desaxustes das próteses dentais: causas e tipos máis frecuentes.

* Materiais e equipo necesario.

* Técnicas de rebasado das próteses removibles acrílicas.

* Criterios de calidade.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo das impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Hábito de comprobación sistemática dos resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuenciación e orde establecidos para obte-la calidade requirida de acordo cos criterios de productividade e calidade, e dos compromisos comerciais.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Responsabilidade na selección do tipo e compoñentes das próteses ou órteses que máis se adecuen ás características do modelo e as prescricións facultativas.

* Valoración da importancia da exactitude na montaxe do articulador, transferencia dos rexistros, elaboración das próteses, reparacións e rebases, e na comprobación do axuste, acabado e oclusión.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

* Interese porque os diferentes tipos de reparacións se efectúen coa destreza e a calidade requiridas.

3.2.4. Módulo profesional 4: prótese parcial removible metálica:

Asociado á unidade de competencia 4: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais removibles metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las guías de inserción e as zonas retentivas e expulsivas das pezas de soporte, a partir da súa análise co paralelizador.

* Analiza-los diferentes elementos que constitúen as próteses parciais metálicas e relacionalos coas súas características e aplicacións.

* Deseñar e representar sobre o modelo os elementos das próteses parciais removibles metálicas, tendo en conta os criterios establecidos.

* Aliviar con cera as zonas retentivas necesarias, cadeiras, conectores maiores e menores, segundo deseño predeterminado e criterios establecidos.

* Seleccionar e prepara-lo equipo e material necesario para confeccionar próteses parciais removibles metálicas tendo en conta as fases do traballo, os procedementos establecidos e as normas de seguridade.

* Confeccionar e prepara-lo modelo de traballo a partir do modelo mestre previamente deseñado e aliviado, empregando os materiais e medios necesarias para acada-la calidade requirida.

* Analiza-las diferentes preformas para confeccionar próteses parciais removibles metálicas indicando as súas características, aplicacións e custo.

* Realizar sobre o modelo refractario o encerado, e coloca-las preformas seleccionadas segundo o deseño e grosor.

* Coloca-los bebedoiros, tendo en conta o grosor e localización adecuados para a posta en cilindro, así como as características da estructura deseñada e a técnica de coada que se empregue.

* Analiza-los procesos de fundición e coada e relacionalos cos seus fundamentos, aplicacións, instalacións e equipos empregados, fases do proceso e parámetros para controlar.

* Determina-las medidas de prevención e protección, tanto persoal como de equipos, de instalacións e ambientais para adoptar nas diferentes fases do proceso de confección de próteses metálicas.

* Realiza-la posta en cilindro do modelo de revestimento, encerado e preparado, seleccionando e baleirando o revestimento, evitando os poros e burbullas e controlando a proporción e a calidade da mestura, a expansión e os tempos de espatulado e fraguado.

* Realiza-la coada a cera perdida, controlando os tempos e temperaturas adecuadas do forno de prequentamento, a localización dos cilindros, a fusión do metal e a súa correcta introducción no cilindro segundo o equipo utilizado e características do metal.

* Relaciona-los materiais de revestimento, metais empregados e próteses parciais removibles metálicas coas súas aplicacións, composicións químicas, características e propiedades, simboloxía e custo.

* Interpreta-la documentación técnico-comercial dos diferentes equipos e materiais empregados na confección de próteses.

* Describir e aplica-las medidas de mantemento e control dos equipos empregados nas diferentes etapas do proceso de confección de próteses parciais removibles metálicas.

* Repasar, puír e abrillanta-las estructuras coadas mediante as técnicas de chorreo, baño electrolítico ou decapado, micro-motor e puidora eléctrica, adaptando as bases metálicas ó modelo.

* Relaciona-las técnicas de soldadura que se utilizan na confección de próteses parciais removibles metálicas cos equipos e materiais que se empregan e as normas de seguridade que se apliquen.

* Identifica-la zona para soldar e desmonta-lo acrílico, trala realización dunha chave das pezas protéticas, illando adecuadamente as zonas non afectadas.

* Soldar mediante soldadura branda por gas e/ou soldadura de resistencia por puntos, novas seccións metálicas a estructuras xa existentes.

* Repasar e puí-la zona soldada, aplicando as precaucións de seguridade necesarias.

* Selecciona-lo tipo, a cor e o tamaño dos dentes protéticos segundo as normas de deseño, articulación, estabilidade, resistencia e estética establecidas na prescrición facultativa.

* Montar e adaptar, tallando, se é preciso, os dentes protéticos seguindo os criterios de oclusión, estética, estabilidade e resistencia establecidos no deseño.

* Modelar en cera as estructuras mucosas para repor, seguindo a morfoloxía do modelo mestre.

* Transformar en acrílico a modelaxe da mucosa protética, mediante posta en mufla ou por medio de chaves.

* Enmuflar, polimerizar, repasar e puí-la resina segundo o tipo de acrílico empregado e comproba-la calidade obtida e a funcionalidade mediante o remontado no articulador.

* Detecta-las anomalías ou alteracións que poida haber en calquera fase do proceso e realiza-las corrección necesarias para acada-los requisitos técnicos e de calidade establecidos.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Próteses parciais removibles metálicas:

* Interpretación das prescricións facultativas e identificación do tipo e características das próteses requiridas.

* Determinación e valoración das estructuras anatómicas de soporte a partir dos modelos.

* Identificación do tipo de edentación.

Elementos da prótese parcial removible (PPR) metálica:

* Identificación das funcións e características de cada un dos elementos da PPR metálica.

Deseño da PPR metálica:

* Análise do modelo no paralelizador e elección do eixe de inserción óptimo, tendo en conta as zonas retentivas, superficies guía, interferencias e posibilidades estéticas.

* Selección dos elementos da prótese segundo a capacidade de sustentación, retención e estabilización que ofrezan as pezas piares e o tipo de edentación.

* Representación, sobre o modelo, de conectores maiores, menores, retentores e bases.

Duplicado do modelo:

* Preparación e alivio do modelo mestre.

* Elaboración do modelo duplicado en material refractario.

* Seca e endurecemento do modelo refractario: control de tempos, temperaturas e líquidos endurecedores.

Encerado da prótese:

* Transferencia do deseño ó modelo de traballo (refractario).

* Selección do instrumental e material necesario.

* Colocación e unión das preformas.

Coada:

* Selección e colocación dos bebedoiros.

* Selección e realización do revestimento segundo os requisitos da coada.

* Revisión e preparación do equipo, instalacións e material necesarios, e realizacións, se procede, do seu mantemento.

* Identificación e aplicación das medidas de prevención e protección persoal.

* Identificación e aplicación das normas de seguridade e ambientais adecuadas.

* Programación e control dos tempos e temperaturas do cilindro no forno de prequentamento.

* Fusionado e coada da aliaxe.

* Control do proceso de arrefriado e solidificación da coada.

* Extracción do cilindro, limpeza, axuste e puído da estructura coada.

* Comprobación da calidade obtida.

Soldadura:

* Identificación da reparación para realizar.

* Selección e preparación do equipo e material adecuado.

* Identificación e aplicación das normas de prevención e protección persoal.

* Confección dos elementos o seccións para engadir.

* Desmontado do acrílico e realización da chave das pezas protéticas.

* Colocación do elemento ou sección para soldar na estructura primitiva, e illamento da zona non implicada.

* Soldadura e comprobación do resultado.

* Repaso e puído da zona da soldadura.

Dentes protéticos:

* Selección do tipo e características.

* Preparación e fixación á base na súa correcta articulación.

* Modelaxe en cera e reproducción en acrílico da mucosa protética.

* Repaso e puído.

* Comprobación da articulación, axuste e calidade da prótese obtida.

Contidos conceptuais

Próteses parciais removibles (PPR) metálicas:

* Tipos, características e funcións.

* Estructuras anatómicas de soporte.

* Clasificación dos tipos de edentacións.

Elementos da prótese parcial removible (PPR) metálica:

* Conectores maiores: funcións, características e deseños maxilares e mandibulares.

* Conectores menores: funcións, características e localización.

* Bases ou cadeiras: funcións, tipos e características.

* Topes oclusais: funcións e características.

* Retentores: funcións, tipos, características, compoñentes e clasificacións.

* Dentes protéticos: tipos e características.

Deseño da PPR metálica:

* Factores anatómicos e funcionais.

* Principios de deseño da PPR equilibrada.

Duplicado do modelo:

* Preparación e alivio do modelo mestre.

* Materiais: características e propiedades.

* Equipo e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Técnicas de obtención e endurecemento do modelo refractario.

Encerado da prótese:

* Materiais e instrumental: tipos, características e propiedades e normas de utilización e mantemento.

* Técnicas de encerado e colocación das preformas.

Coada:

* Principios básicos e fases.

* Metais para PPR metálica: tipos, características e aplicacións.

* Equipos, instalacións e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Normativa de seguridade e ambiental.

* Medidas de prevención e seguridade persoal.

* Bebedoiros:

-Fundamentos e distribución.

-Técnica de colocación.

* Revestimentos:

-O prequentamento do cilindro.

-A fusión e coada do metal.

* A limpeza, repasado e puído:

-Materiais: tipos, características e aplicacións.

-Técnicas de limpeza, repaso e puído.

-Acabado do metal: criterios de calidade.

Soldadura:

* Equipos e instrumental: características, normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Materiais: tipos, características e aplicacións.

Dentes protéticos:

* Criterios anatómicos e funcionais.

* Materiais acrílicos para bases: tipos, características, propiedades e aplicacións.

* Técnicas de montaxe dos dentes sobre a base metálica.

* O acabado da prótese: criterios de calidade.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo das impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Hábito de comprobación sistemática dos resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuenciación e a orde establecidas para obte-la calidade requirida de acordo cos criterios de productividade e calidade, e dos compromisos comerciais.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, de saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Responsabilidade na selección do tipo e compoñentes das próteses ou órteses que máis se ade

cuen ás características do modelo e ás prescricións facultativas.

* Valoración da importancia da exactitude na montaxe do articulador, transferencia dos rexistros, elaboración das próteses, reparacións e rebases, e na comprobación do axuste, acabado e oclusión.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

* Interese porque os diferentes tipos de reparacións se efectúen coa destreza e a calidade requiridas.

* Valoración da importancia de actuar cunha grande precisión na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelos no articulador.

3.2.5. Módulo profesional 5: prótese fixa:

Asociado á unidade de competencia 5: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais fixas.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las técnicas de individualización de tocos e relacionalas cos seus fundamentos e aplicacións.

* Selecciona-la técnica de individualización máis adecuada en función da impresión recibida.

* Confecciona-los tocos individuais coa dimensión espacial e características establecidas no deseño.

* Analiza-las técnicas de confección de coroas dentais e relacionalas coas súas características, aplicacións, materiais e instrumentos empregados.

* Analiza-las aliaxes metálicas que se utilizan na confección das próteses fixas e relacionalas coas súas aplicacións, composición química, características, propiedades, simboloxía, biocompatibilidade e custo.

* Indica-los residuos que xeran e a normativa de seguridade e ambiental aplicable no caso das aliaxes metálicas.

* Seleccionar e prepara-lo equipo, instrumental e material necesarios para a confección de próteses fixas, tendo en conta as fases do traballo, os procedementos establecidos e as normas de seguridade.

* Modelar en cera a morfoloxía das pezas dentarias e as estructuras das próteses fixas, tendo en conta os grosores mínimos, a oclusión e os contactos coas pezas próximas.

* Baleira-las caras vestibulares das pezas con fronte estética segundo os límites e grosores requiridos, colocando as retencións mecánicas para o acrílico.

* Coloca-los bebedoiros nos patróns de cera para proceder á súa coada, determinando a lonxitude, calibre e localización segundo as características das estructuras deseñadas.

* Determina-la técnica de coada e o tipo de aliaxe requirida, tendo en conta o centro térmico do cilindro e, se é necesario, a colocación de respiradoiros.

* Realiza-la posta en cilindro dos patróns preparados, seleccionando e baleirando o revestimento, evitando as burbullas xunto ó patrón e controlando a proporción e calidade da mestura e a expansión e o tempo de espatulado e fraguado.

* Realiza-la coada a cera perdida, controlando os tempos e temperaturas adecuadas do forno de prequentamento, a localización dos cilindros, a fusión da aliaxe e a súa correcta introducción no cilindro, segundo o equipo utilizado e o tipo e propiedades da aliaxe.

* Repasar e puí-las coroas blindadas ou para fronte estética, describindo e seleccionando as técnicas, o material e o equipo necesario.

* Comproba-la adaptación das pezas ó modelo e a súa articulación coas demais pezas.

* Analizar e realiza-las frontes estéticas acrílicas sobre as estructuras metálicas.

* Relaciona-los métodos de colocación cos materiais e medios necesarios, modelando as estructuras anatómicas das pezas e colocando as capas de opaquer, cervical, dentina e incisal sobre o metal.

* Polimerizar con calor e presión ou con luz ultravioleta e repasar e puír as caras estéticas, aplicando a técnica adecuada para consegui-los requisitos de forma, cor e articulación establecidos no deseño.

* Analizar e realiza-la confección de coroas provisionais de acrílico e coroas Jacket, modelando en cera a peza que se repoña.

* Obter, mediante chave ou posta en mufla, o acrílico polimerizado, repasado e puído, aplicando a técnica adecuada coa destreza necesaria para acada-la calidade precisa.

* Analizar e realiza-la elaboración de incrustacións e falsos tocos, relacionando os tipos coas súas aplicacións, métodos de elaboración e materiais necesarios, seleccionando o método adecuado segundo as características do rexistro e as especificacións da prescrición facultativa.

* Reproduci-la cavidade no material adecuado para obte-lo producto no material solicitado, xa sexa por coada no caso do metal ou por inxección ou por outro método alternativo no caso de porcelana.

* Analiza-las características, propiedades, aplicacións e condicións de manipulación das porcelanas para a confección de coroas e pontes.

* Confecciona-las estructuras metálicas, cascos e pezas intermedias, comprobando o seu axuste sobre o modelo.

* Aplica-las capas de cerámica establecidas; modelar e caracteriza-las pezas coas maquillaxes; e controla-los grosores, tempos e temperaturas de cocción de cada capa e o brillo dos bordos metálicos.

* Obte-los acabados estéticos prescritos tendo en conta a anatomía, axuste e articulación adecuadas.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Prótese fixa:

* Interpretación das prescricións facultativas e identificación do tipo e características das próteses fixas requiridas.

Tocos individuais:

* Selección e descrición da técnica para realizar en función das características da impresión.

* Preparación do material e instrumental necesario e identificación do seu mantemento, conservación e condicións de uso adecuadas.

* Aplicación das técnicas de independización de tocos:

-Colocación dos pins.

-Zocolado e aserrado do modelo.

-Extracción e preparación dos tocos do modelo.

Modelaxe do patrón de cera:

* Identificación do tipo e características das pezas para modelar.

* Selección e preparación do material e instrumental necesario, e identificación do seu mantemento, conservación e condicións de uso adecuadas.

* Modelaxe en cera das pezas segundo a súa anatomía.

* Modelaxe en cera das pezas pónticas.

* Comprobación das marxes, relacións proximais e oclusión.

* Delimitación e preparación das caras vestibulares para a colocación de frontes estéticas.

* Colocación das retencións para o acrílico.

Coadas:

* Selección e preparación do material e instrumental necesario.

* Selección e colocación dos bebedoiros.

* Selección e preparación do revestimento adecuado e posta en cilindro dos patróns de cera.

* Programación e control das temperaturas de prequentamento do cilindro no forno.

* Realización do coada, controlando a fundición do metal e a súa correcta introducción no cilindro.

* Limpeza e repaso do metal, remarcando a anatomía correspondente á peza.

* Comprobación das marxes, axuste, contactos proximais e oclusión sobre o modelo.

* Puído e abrillantado adecuado.

Frontes estéticas acrílicas:

* Identificación do tipo e características da restauración que se realiza.

* Selección e preparación do equipo e material necesario.

* Modelaxe e caracterización, segundo a anatomía e a prescrición facultativa, da cara vestibular das pezas, aplicando as diferentes capas de opaquer, dentina, cervical e incisal.

* Polimerización do acrílico segundo a técnica adecuada ó material.

* Repaso e puído da fronte estética.

Coroas provisionais:

* Identificación do tipo e características da restauración que se realiza.

* Selección e preparación do equipo e material necesario e identificación do seu mantemento, conservación e condicións de uso adecuadas.

* Elaboración de coroas provisionais:

-Modelaxe en cera das pezas que se repoñan.

-Realización da chave ou posta en mufla do patrón de cera.

-Carga e polimerización do acrílico.

-Repaso e puído das pezas obtidas.

-Comprobación do axuste, marxes, articulación, cor e puído das pezas.

Incrustacións e parafusos coados:

* Identificación do tipo e características da restauración que se realiza.

* Selección do método de preparación, equipo e material necesario e identificación do seu mantemento, conservación e condicións de uso adecuadas.

* Reproducción da cavidade no material adecuado.

* Preparación e execución da coada metálica.

* Comprobación do axuste, marxes e articulación da restauración.

Porcelana:

* Identificación do tipo e características da restauración.

* Selección e preparación do equipo e material necesario.

* Modelaxe en cera das estructuras de soporte da porcelana.

* Preparación, realización e repaso da coada das estructuras metálicas.

* Aplicación e cocción das diferentes capas da porcelana, opaquer, cervical, dentina, incisal e maquillaxe, segundo os procedementos establecidos,

as características do material e os requirimentos da prescrición.

* Comprobación do acabado estético, anatomía e articulación da restauración.

* Baño da porcelana.

* Repaso e puído dos bordos metálicos da restauración.

Contidos conceptuais

Próteses fixas:

* Características e aplicacións.

* Clasificación.

Tocos individuais:

* Requisitos e tipos de aplicación en próteses fixas.

* Materiais: tipos e características.

* Equipos e instrumental: normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Técnicas de confección de tocos individuais.

Modelaxe do patrón de cera:

* A preparación dos tocos individuais, previa á modelaxe.

* Materiais e instrumental:

-Características e propiedades.

-Normas de utilización, conservación e seguridade.

* Técnicas de encerado:

-Principios básicos.

-Contorneado das superficies axiales: vestibulares, linguais e proximais. Puntos de contacto.

-A modelaxe oclusal.

-Pónticos.

-O acabado das marxes.

-Frontes estéticas: criterios de delimitación e retencións para o acrílico.

Coadas:

* Principios básicos e fases.

* Metais para próteses fixa: clasificación, características e aplicacións.

* Materiais: tipos, características e propiedades.

* Equipos e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Bebedoiros:

-Fundamentos e distribución.

-Técnica de colocación.

* Revestimentos:

-Características, tipos e aplicacións.

-Posta en cilindro do patrón de cera.

* Técnica de coada:

-O prequentamento do cilindro.

-Fundición do metal.

* Técnicas de limpeza, repaso e puído.

Frontes estéticas acrílicos:

* Materiais: características e propiedades.

* Equipos e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Técnicas de elaboración.

Coroas provisionais:

* Materiais: características e propiedades.

* Equipo e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Técnicas de realización.

Incrustacións e parafusos coados:

* Tipos e características.

* Materiais: características e propiedades.

* Técnicas de elaboración.

Porcelana:

* Materiais: tipos, características e propiedades das porcelanas e metais de soporte.

* Equipos e instrumental: características e normas de utilización, mantemento e seguridade.

* Procedementos:

-Características das estructuras metálicas.

-A unión metal-porcelana.

-Métodos de aplicación da porcelana.

-A cocción da porcelana.

-O baño da porcelana.

-O remate da restauración metal-porcelana.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo das impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Hábito de comprobación sistemática dos resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuenciación

e orde establecidos para obte-la calidade requirida de acordo cos criterios de productividade e calidade, e dos compromisos comerciais.

* Valoración da importancia da exactitude na confección dos tocos individuais, na elaboración das restauracións e na comprobación do seu axuste, acabado e oclusión.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, de saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Valoración da importancia de actuar cunha gran precisión na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelos no articulador.

* Responsabilidade na selección do tipo e compoñentes das próteses ou órteses que máis se adecuen ás características do modelo e as prescricións facultativas.

* Responsabilidade no manexo dos equipos informáticos.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación as novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

* Interese porque os diferentes tipos de reparacións se efectúen coa destreza e a calidade requiridas.

3.2.6. Módulo profesional 6: ortodoncia:

Asociado á unidade de competencia 6: fabricar, modificar e reparar aparellos ortodóncicos e compoñentes de próteses dentais de arame e bandas metálicas.

Capacidades terminais elementais

* Relaciona-los equipos e instrumentos necesarios para a confección de aparellos de ortodoncia coas súas características, aplicacións, condicións de uso e mantemento.

* Preparar e dispo-los elementos empregados no proceso de confección dun aparello ortodóncico, partindo dunha fase de traballo concreta e co respecto ós procedementos establecidos, consonte as normas de seguridade, de saúde e ambientais.

* Relaciona-los materias que se utilizan na confección de aparellos ortodóncicos, estudiando as súas características, propiedades, aplicacións, composición, custo e residuos que xeran.

* Describi-las malposicións e maloclusións dentarias relacionándoas coa solución ortodóncica máis axeitada.

* Efectua-la predeterminación e describi-las fases do proceso e os materiais utilizados valorando as posibilidades de corrección mediante tratamento ortodóncico.

* Describi-los métodos e técnicas utilizados para a medición cefalométrica.

* Analiza-las características dos distintos aparellos de ortodoncia utilizados para a corrección das maloclusións.

* Analiza-los materiais e fases do proceso da súa utilización en ortodoncia.

* Adecua-las pezas e os elementos para a montaxe e fixación sobre o modelo, utilizando o instrumental adecuado.

* Adecua-lo tipo e características dos materiais precisos para confeccionar retentores, resortes e arcos, dependendo das súas propiedades mecánicas e indicando os requisitos funcionais.

* Toma-las medidas precisas do modelo de traballo para a preparación dos retentores, resortes e arcos.

* Modela-los elementos en arame, de acordo coas preformas deseñadas polo ortodoncista, empregando o instrumental adecuado.

* Planifica-las técnicas de elaboración para as estructuras das aletas, os planos de mordida e de elevación, relacionándoos coas técnicas de elaboración e as súas aplicacións.

* Situa-los diferentes elementos da placa ortodóncica sobre o modelo, dependendo do deseño preciso.

* Practica-lo recubrimento das estructuras metálicas en acrílico, dependendo das necesidades da placa ortodóncica, respectando as fases técnicas de polimerización.

* Describi-las características dos aparellos de ortodoncia fixa, utilidade e os seus elementos compoñentes.

* Elabora-los diferentes elementos da ortodoncia fixa, adaptándoos e soldándoos conforme o deseño previo do ortodoncista, co debido respecto ó desenvolvemento e sentido das forzas oclusais dos retentores, e observando as normas de seguridade e calidade.

* Analiza-la funcionalidade final do aparello ortodóncico elaborado, comprobando a súa estabilidade e o desenvolvemento das forzas retentivas.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Maloclusión dentaria:

* Identificación das diferentes alteracións eruptivas sobre esquemas mudos.

* Realización de esquemas das distintas clases de angle, coas súas respectivas divisións e subdivisións.

* Diferenciación e relacións entre os aparellos de ortodoncia fixos e removibles.

* Recoñecemento físico dos diferentes aparellos intraorais e extraorais.

* Identificación e descrición do tipo de órtese que se realice, segundo a información da prescrición e dos modelos.

Cefalometría:

* Manexo e descrición dos diferentes puntos anatómicos de referencia sobre modelos esqueléticos e esquemas craniais, nos diversos planos, antero-posterior, lateral e axial.

* Trazado de planos ortodóncicos entre os puntos de referencia descritos, utilizando modelos esqueléticos e esquemas anatómicos.

* Utilización de programas informáticos para cefalometría tridimensional.

* Descrición dos puntos anatómicos de referencia sobre a telerradiografía lateral de cranio.

Predeterminacións:

* Montaxe dos modelos de traballo no articulador.

* Clasificación e identificación das pezas dentarias do modelo.

* Aserrado, montaxe e fixación das pezas sobre o modelo.

* Presentación da posibilidade de corrección mediante o tratamento ortodóntico.

Equipos e materiais:

* Interpretación e descrición das instruccións de uso e características dos diferentes materiais empregados na construcción das próteses ortodónticas e as súas condicións de uso.

* Selección e preparación do equipo e instrumental necesarios segundo a órtese que se realice, identificando e aplicando, cando sexa preciso, as súas características, condicións de uso e mantemento, e normas de seguridade e ambientais.

* Identificación e aplicación das medidas de prevención e protección e protección persoal.

Ortodoncia removible:

* Identificación dos elementos da placa prescrita.

* Preparación e montaxe do modelo no articulador.

* Selección e preparación do equipo e material necesario.

* Realización e fixación sobre o modelo dos retentores, arcos, resortes e parafusos necesarios.

* Deseño e alivio das retencións.

* Modelaxe das extensións da base adecuadas.

* Realización da carga da resina.

* Comprobación da ancoraxe dos elementos á resina.

* Repaso e puído das bases acrílicas.

* Activación e axuste dos elementos.

* Comprobación da retención, estabilidade e forzas exercidas.

Ortodoncia fixa:

* Identificación dos elementos do aparello prescrito.

* Selección e preparación dos equipos e material necesario.

* Realización dos elementos necesarios segundo o aparello requirido.

* Adaptación de bandas ás pezas seleccionadas do modelo.

* Unión das bandas dos elementos confeccionados segundo o aparello requirido.

* Realización de mantedores de espacio fixo.

* Repaso e puído das unións.

* Comprobación do axuste, puído e calidade das unións obtidas.

Contidos conceptuais

Maloclusión dentaria:

* Malposicións dentarias: anomalías de posición, indicación e volume.

* Maloclusións dentarias: mesiodistais, vestibulolinguais e verticais.

* Clases de angle I, II e III.

* Solucions ortodónticas: aparellos ortodónticos.

Cefalometría:

* Características, aplicacións e tipos.

* Puntos, planos, eixes e liñas craniométricas.

* Métodos e técnicas de medición.

* Cefalometría tridimensional informática.

Predeterminacións:

* Características e aplicacións.

* Medidas directas e índices dentarios.

* Técnicas de realización:

-Montaxe dos modelos de traballo no articulador.

-Recorte e colocación de los modelos de traballo.

-Diagramas dentarios.

Equipos e materiais:

* Materiais para ortodoncia: tipos, aplicacións e características.

* Equipos e instrumental: tipos, características e normas de utilización, conservación e seguridade.

Ortodoncia removible:

* Placas activas: características, aplicacións e compoñentes.

-Bases acrílicas: funcións características, tipos, extensións e técnicas de confección.

-Retentores, arcos, resortes e parafusos: funcións, tipos, características e técnicas de confección e colocación.

* Equipos e materiais empregados: dosificadores, aplicadores, inxectadores e polimerizadores:

-Aparellos funcionais puros.

-Aparellos funcionais puros.

-Activadores.

-Correctores.

-Pantallas orais.

-Modeladores elásticos.

-Posicionadores.

-Outros.

Ortodoncia fixa:

* Funcións e características.

* Elementos tipos e aplicacións.

* Mantedores de espacio.

* Técnicas de confección e características:

-Aparellos de ancoraxe.

-Aparellos de distalación.

-Aparellos de contención.

-Aparellos de expansión.

-Aparellos de rotación.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo das impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Hábito de comprobación sistemática dos resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e acabado das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación polo óptimo aproveitamento dos recursos na programación do traballo, valorando a secuenciación e orde establecidos para obte-la calidade requirida de acordo cos criterios de productividade e calidade, e dos compromisos comerciais.

* Valoración da importancia da exactitude na confección dos tocos individuais, na elaboración das restauracións e na comprobación do seu axuste, acabado e oclusión.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Valoración da importancia de actuar cunha gran precisión na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelos no articulador.

* Eficiencia e responsabilidade na selección do tipo e compoñentes dos aparellos ortodónticos segundo as características do modelo e as prescricións facultativas.

* Responsabilidade no manexo dos equipos informáticos.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación ás novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

* Interese porque os diferentes tipos de reparacións se efectúen coa destreza e a calidade requiridas.

* Argumentación ante o odontólogo das decisións ortodónticas efectuadas para a realización do aparello ortodóntico.

* Coordinación dos diferentes equipos de traballo e interprofesionais.

3.2.7. Módulo profesional 7: próteses mixtas, cirúrxicas e implanto-soportadas:

Asociado á unidade de competencia 7: fabricar, modificar e reparar próteses dentofaciais cirúrxicas, mixtas, de precisión e implanto-soportadas.

Capacidades terminais elementais

* Relaciona-las próteses mixtas e implanto-soportadas coas súas características, aplicacións, materiais, instrumentos, procedementos de elaboración e cos elementos de ancoraxe que se poidan aplicar.

* Identifica-los compoñentes das próteses mixtas, diferenciando os distintos tipos e características dos mecanismos de ancoraxe (attaches), e describi-los criterios de selección segundo a análise do modelo e o tipo de prótese requirida na prescrición do facultativo.

* Analiza-los criterios de elección das pezas piares para a confección de próteses parcial fixa.

* Describi-los procedementos de confección e colocación dos distintos mecanismos de ancoraxe, indicando a súa localización na prótese.

* Describi-las técnicas de fresado, axuste, soldadura e coada dos elementos de ancoraxe nas próteses mixtas.

* Descibi-lo proceso de elaboración de cubetas individuais para pacientes con implantes segundo o modelo de xiz e os criterios de adaptación, axuste e estabilidade requiridos.

* Describi-los procedementos de confección de férulas oclusais, tendo en conta as indicacións dos deseños e os procedementos establecidos.

* Describi-los procedementos de confección de férulas radiográficas e cirúrxicas, tendo en conta a zona onde se colocará posteriormente o implante e os requisitos establecidos.

* Identifica-los métodos de preparación dos retentores e compoñentes das próteses mixtas e implantosoportadas, partindo dos materiais plásticos, das aliaxes metálicas, preformas e modelaxe en cera, que cumpran os criterios de resistencia e calidade especificados no deseño do producto.

* Describi-las diferencias entre os tipos de implantes e os criterios de aplicación de cada tipo.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Microfresadora:

* Funcións da micro-fresadora e identificación dos elementos.

* Interpretación das instruccións de manexo, mantemento e conservación da micro-fresadora.

* Descrición do proceso de fresado dos elementos de ancoraxe das próteses mixtas.

Próteses mixtas:

* Identificación dos compoñentes e das súas características.

* Identificación do equipo e material necesario para a confección de próteses mixtas e das súas condicións de uso, mantemento e conservación.

* Clasificación dos mecanismos de ancoraxe para próteses mixtas e identificación das características e aplicacións de cada tipo.

* Interpretación da prescrición, deseño da prótese e determinación do mecanismo de ancoraxe indicado.

* Paralelización das estructuras dentosoportadas e na inserción e colocación dos attaches.

* Descrición da técnica de confección da estructura removible para próteses mixtas.

Férulas:

* Identificación do equipo e material necesario para realiza-la confección das férulas e das súas condicións de uso, mantemento e conservación.

* Clasificación das férulas e identificación das características de cada tipo.

* Identificación dos fundamentos e normas de uso das férulas diagnósticas, cirúrxicas ou interoclusais, para a articulación temporomandibular.

* Interpretación da prescrición facultativa e deseño da férula sobre o modelo de traballo.

* Identificación da situación dos implantes no modelo de estudio.

* Descrición das técnicas de confección de férulas.

Próteses sobre implantes:

* Interpretación da prescrición facultativa e identificación da prótese requirida.

* Determinación das fases de confección da prótese sobre implantes.

* Identificación do equipo e material utilizado na confección de implantes e das súas condicións de uso, mantemento e conservación.

* Identificación das cofias de transferencia na impresión e das réplicas do implante.

* Descrición dos procedementos de baleirado das impresións con piares de transferencia e da confección da cubeta individual.

* Descrición das técnicas de elaboración das próteses sobre implantes.

Contidos conceptuais

Micro-fresadora:

* Concepto e aplicacións.

* Técnica de emprego.

* Normas de seguridade e condicións de mantemento.

Próteses mixtas.

* Concepto, tipos, compoñentes e aplicacións.

* Equipos e materiais: características e técnicas de utilización, mantemento e conservación.

* Principios de deseño.

* A preparación das estructuras protéticas dentosoportadas.

* Técnica de paralelización na inserción e colocación das ancoraxes.

* Técnica de confección das estructuras removibles para prótese mixta.

* Mecanismos de ancoraxe:

-Tipos, características e aplicacións.

-Ancoraxes de precisión ríxidas: intra-coronarias, extra-coronarias e barras de ancoraxe.

-Ancoraxes que permiten un ou varios movementos das bases en relación cos dentes piares.

-Elementos e criterios habituais para a elección das ancoraxes máis habituais.

-Procedementos de elaboración e colocación dos distintos mecanismos de ancoraxes.

Férulas:

* Fundamento, tipos e aplicacións.

* Características e normas de uso.

* Os procedementos de elaboración.

Próteses sobre implantes:

* Descrición e características.

* Equipos e material protético de implantes: tipos, características e técnicas de utilización, mantemento e conservación.

* Tipos de impresións e rexistros na confección das próteses sobre implantes: emprego do transfer de impresión.

* Técnicas de baleirado das impresións segundo as técnicas implantolóxicas empregadas.

* Principios básicos para a confección dunha prótese implanto ou implantodento-soportada.

* Técnicas de elaboración de implantes: supra e subxinxival.

* Ancoraxes para implantoloxía: tipos, características e aplicacións.

* Prótese removible sobre implantes: sobredentaduras totais e parciais.

* Prótese fixa sobre implantes.

Contidos actitudinais

* Rigor e pulcritude, segundo as normas de hixiene, na recepción, manipulación e arquivo das impresións e rexistros.

* Rigor, eficacia e pulcritude na confección das próteses segundo as especificacións do deseño e das prescricións.

* Actitude responsable e hábito de detección e corrección sistemática das alteracións ou erros nalgunha das fases do proceso de confección das próteses.

* Hábito de comprobación sistemática dos resultados en tódalas fases do traballo.

* Hábito de limpeza na confección e remate das próteses e na utilización do equipo de traballo.

* Preocupación pola optimización dos recursos na programación do traballo, valorando a secuenciación e orde establecidas para obte-la calidade requirida de acordo cos criterios de productividade e calidade, e cos compromisos comerciais.

* Valoración da importancia da exactitude na confección dos tocos individuais, na elaboración das

restauracións e na comprobación do seu axuste, remate e oclusión.

* Responsabilidade e pulcritude na manipulación, conservación e axuste dos equipos, instrumentos e materiais do laboratorio dental.

* Rigor na información e protección sobre a biocompatibilidade dos materiais empregados na confección das próteses ou órteses tanto para o paciente como para o manipulador.

* Hábito de observación estricta das normas de seguridade, de saúde e ambientais relacionadas coa manipulación dos equipos e materiais e de control de calidade e de seguridade e hixiene no traballo.

* Valoración da importancia de actuar cunha gran precisión na transferencia dos rexistros na montaxe dos modelos no articulador.

* Eficiencia e responsabilidade na selección do tipo e compoñentes dos aparellos ortodónticos segundo as características do modelo e as prescricións facultativas.

* Responsabilidade no manexo dos equipos informáticos.

* Actitude dilixente na realización das tarefas e na adaptación as novas situacións.

* Responsabilidade na actualización da información sobre os avances tecnolóxicos relacionados coas novas técnicas e materiais que melloren a calidade e/ou a eficacia do producto.

* Interese porque os diferentes tipos de traballo se efectúen coa destreza e a calidade requiridas.

* Tomar decisións en función do tipo de traballo que se faga, do tipo e das características das pezas dentarias que se implanten na prótese.

* Coordinación do equipo de traballo.

3.2.8. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 70 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Relaciona-lo producto co proceso administrativo-comercial que se precisa para o seu desenvolvemento, analizando os datos iniciais e os obxectivos que se pretendan acadar.* Determina o ámbito de actuación da empresa.

* Identifica os trámites administrativos e a documentación.

* Selecciona os xeitos de financiamento e confirma-la viabilidade do proceso productivo.

* Organiza e xestiona a carteira de clientes e provedores e negocia-las condicións óptimas dunha operación comercial.
* Relaciona a documentación mercantil e de distribución dos productos cos prazos de entrega, custos e condicións do producto final.

2.Defini-las características técnicas do proceso productivo e os métodos que aseguren a súa calidade.* Elabora a documentación técnica e administrativa do producto.

* Describe o tipo de producto que se elabora e os seus criterios de calidade.

* Determina as medidas concretas para garanti-la viabilidade do producto.
* No caso das próteses ou órteses, realiza os planos, vistas, seccións e detalles do producto co sistemas de representación gráfica de tipo convencional ou informatizado.
* Define o proceso de traballo e a técnica máis axeitada, establecendo os protocolos para a fabricación das próteses ou órteses, os puntos críticos de supervisión, e as operacións técnicas que verifican a calidade final do producto.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.Organiza-los traballos, tempos e materiais empregados no proceso productivo.* Determina a oposición e distribución dos recursos humanos.

* Distribúe os espacios a partir das necesidades previstas.

* Organiza o proceso e as fases de fabricación ou reparación dos productos, de se-lo caso, para rendibiliza-lo traballo e cumprir cos prazos previstos e a calidade e seguridade establecida.
* Avalía a xestión de aprovisionamento e subministración dos materiais.
* Establece un programa de mantemento dos equipos e material de traballo.

4.Elabora-lo plan de promoción e venda aplicando ás técnicas de marketing axeitadas.* Valora as medidas máis axeitadas de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.
* Elabora as tarifas de prezos e facturas segundo os custos e política de comercialización.
* Planifica a promoción e venda do producto.

3.3. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Almacenar, distribuír e controla-las existencias.* Recibe e almacena os equipos e materiais, comprobando os albarás de pedidos, e controla as condicións de almacenamento.
* Controla as existencias comprobando coa suficiente antelación que se atopen dispoñibles segundo as necesidades da programación do traballo.

2.Prepara-los modelos.* Analiza a impresión e aplica o tratamento adecuado.
* Realiza o baleirado co xeso dental adecuado.
* Detecta e repara os posibles erros.

3.Confeccionar cubetas individuais e pranchas base.* Selecciona e prepara o equipo e material segundo o método e a fase de traballo que se realice.
* Adapta e delimita convenientemente o material seleccionado e coloca o mango nas cubetas, deixando o espacio adecuado ó tipo de material para impresión e comprobando a súa estabilidade sobre o modelo.

4.Deseña-la prótese ou aparello de ortodoncia.* Identifica a superficie protética nos modelos e detecta as alteracións xinxivais ou dentais que poidan influír nas próteses ou aparellos de ortodoncia.
* Realiza o deseño da prótese ou aparellos de ortodoncia.

5.Monta-los modelos no articulador.* Selecciona e prepara o articulador adecuado e o material necesario.
* Transfire os rexistros con precisión ó articulador e realiza a montaxe dos modelos.

6.Enfila-los dentes protéticos e modela-las bases.* Selecciona e coloca os dentes cos criterios anatómicos e de oclusión adecuados.
* Modela en cera a base da prótese para consegui-la forma anatómica requirida.

7.Realizar próteses parciais de resina.* Paraleliza os dentes piares e determinar neles as zonas retentivas e expulsivas.
* Confecciona os retentores e apoios oclusais, e colócaos no modelo de traballo.
* Coloca os dentes protéticos e axústaos con criterios estéticos e anatómicos.

8.Procesa-las próteses enceradas.* Prepara os modelos para a posta en mufla.
* Selecciona e prepara o equipo e material necesario segundo a fase de traballo que se realice.
* Realiza a posta en mufla da prótese encerada, elimina-la cera, empaquetar e polimeriza a resina segundo os protocolos establecidos.
* Desmufla, repasa, púe e abrillanta as próteses.
* Comproba a calidade da adaptación, da oclusión e do puído das próteses.

9.Realizar composturas e rebases.* Identifica o tipo de compostura ou rebase, valora as súas posibles solucións e selecciona a máis adecuada.
* Selecciona e prepara o material necesario.
* Realiza a compostura ou rebase segundo os procedementos establecidos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Comproba a calidade e a adaptación da compostura ou rebase ós requisitos establecidos

10.Realizar, modificar e reparar próteses parciais metálicas.* Selecciona e prepara o equipo e material necesario segundo a fase que se realice.
* Paraleliza o modelo e deseña, debuxando nel, os elementos da prótese.
* Alivia e duplica o modelo mestre.
* Realiza o baleirado e endurecemento do modelo refractario, segundo os materiais e os procedementos establecidos.
* Encera e coloca as preformas e os bebedoiros da coada.
* Pon no cilindro o modelo encerado, seleccionando e preparando o revestimento adecuado segundo a aliaxe que se utilice.
* Participa na realización e control do prequentamento do cilindro no forno e da coada da aliaxe.
* Realiza o repaso, adaptación e puído da base metálica, e comproba a súa calidade final.
* Prepara a zona da estructura metálica para soldar novos elementos.
* Confecciona e coloca os novos elementos para incorporar.
* Participa na realización da soldadura.
* Realiza o repaso e puído da soldadura.
* Monta os dentes e reproduce en acrílico as bases.

11.Realizar, modificar e reparar prótese fixa.* Selecciona e prepara o equipo e material necesarios segundo a fase de traballo que se realice.
* Prepara tocos desmontables.
* Realiza a modelaxe en cera preparando as caras vestibulares cando se requiran frontes estéticas, e participar na coada.
* Realiza a colocación dos bebedoiros e posta en cilindro dos patróns encerados.
* Participa na realización e control do prequentamento do cilindro e coada do metal.
* Repasa, axusta e púe coroas e pontes metálicas, e comproba a calidade do axuste, oclusión e puído obtidos.
* Realiza as frontes estéticas, modelando a anatomía das pezas co acrílico, polimerizándoo segundo as instruccións técnicas do producto e repasando e puíndo para acada-la calidade requirida.
* Participa na realización de pezas de metal-porcelana, modelando, coando e repasando as estructuras metálicas e aplicando e cocendo as masas de cerámica, comprobando a anatomía e oclusión das pezas, e repasando, puíndo e abrillantando as estructuras metálicas.
* Participa na realización de falsos tocos, identificando o tipo de restauración para realizar segundo a prescrición facultativa, reproducindo a cavidade co material adecuado e preparando e realizando a coada metálica ou restauración en cerámica.
* Realiza coroas provisionais, modelando en cera as pezas, realizando a chave e polimerización e repasando e puíndo as pezas obtidas e comprobando o axuste e oclusión.

12.Realizar aparellos de ortodoncia.* Selecciona e prepara o equipo e material segundo a fase de traballo.
* Participa na predeterminación dos modelos montando o articulador, identificando e clasificando as pezas dentarias, seguetando e realizando a súa montaxe e fixación sobre a base do modelo, e presentando a posibilidade de corrección mediante o tratamento ortodóncico.
* Realiza placas ortodóncicas, preparando o modelo e montándoo no articulador; realiza e fixa os retentores, arcos, resortes e parafusos; alivia as retencións e realiza a carga; e polimeriza, repasa e púe a base acrílica.
* Participa na elaboración dos elementos ortodóncicos fixos; analiza e realiza os elementos segundo o aparello requirido; adapta as bandas ás pezas seleccionadas; une as bandas ós elementos confeccionados, repasando e puíndo as unións e comprobando a activación e función dos elementos confeccionados e a súa retención e estabilidade, así como as forzas exercidas.

13.Participar na realización de próteses mixtas.* Selecciona e prepara o equipo e material necesarios segundo a fase de traballo.
* Elabora e incorpora os elementos requiridos segundo a prescrición facultativa; e coa e solda as ancoraxes ás estructuras das próteses mixtas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Realiza a estructura requirida e incorpora as ancoraxes co eixe determinado co paralelizador, comprobando a súa funcionalidade.

14.Participar na confección de implantes.* Deseña pranchas de acordo coa prescrición.

* Baldeira as impresións coas técnicas e materiais adecuados.

* Monta no articulador, empregando a técnica adecuada.
* Confecciona e acaba as estructuras sobre o implante.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de próteses dentais:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización, administración e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentaisProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

2Deseño de próteses e aparellos de ortodonciaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

Profesor especialista (1)

Profesor de ensino secundario

Profesor especialista (1)

3Prótese removible de resinaProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésica

Profesor especialista (1)

Profesor técnico de FP

Profesor especialista (1)

4Prótese parcial removible metálicaProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésica

Profesor especialista (1)

Profesor técnico de FP

Profesor especialista (1)

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

5Prótese fixaProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésica

Profesor especialista (1)

Profesor técnico de FP

Profesor especialista (1)

6OrtodonciaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

Profesor especialista (1)

Profesor de ensino secundario

Profesor especialista (1)

7Próteses mixtas, cirúrxicas e implantosoportadasProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Profesor especialista dos previstos no artículo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e Organización de EmpresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de próteses dentais require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m15%

Taller dental 120 m90 m85%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de

xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen este ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Prótese removible de resina.

* Prótese parcial removible metálica.

* Prótese fixa.

* Ortodoncia.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Organización, administración e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentais.

* Prótese removible de resina.

* Prótese parcial removible metálica.

* Prótese fixa.

* Ortodoncia.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Mestre (en tódalas súas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en fisioterapia.

* Diplomado en logopedia.

* Diplomado en podoloxía.

* Diplomado en terapia ocupacional.

* Diplomado en traballo social.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

110Organización, administración e xestión dunha unidade/gabinete de próteses dentais

110Deseño de próteses e aparellos de ortodoncia

425Prótese removible de resina

240Ortodoncia

4º, 5º e 6º trimestre

240Prótese parcial removible metálica

240Prótese fixa

55Próteses mixtas, cirúrxicas e implantosoportadas

70Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.