Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.752

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DA CORUÑA, S.A.

ANUNCIO de concurso público para alleamento de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial de Acevedo-Cerceda.

O prego de condicións e demais documentación poderán ser examinados nas oficinas de Xestur Coru-

ña sitas na Ronda de Nelle nº 12 bis, 1º da Coruña nas horas de 10 ás 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas ditas oficinas ata as 14 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se aquel cae en sábado, domingo ou festivo.

A apertura de proposicións realizarase na sala de xuntas de Xestur Coruña dentro dos sete días inmediatos seguintes ó de finalizacióndo prazo para presentación de proposicións.

A Coruña, 3 de xullo de 2000.

Antonio Gómez Vázquez

Xerente de Xestur A Coruña, S.A.