Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 9 de xuño de 2000, da Dependencia de Recadación da Coruña, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días con

tados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderase producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Masso Hermanos, S.A.

NIF: A 36601524.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia. R/ Comandante Fontanes, 10, 5º (A Coruña).

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación