Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

EDICTO.

No BOP de Pontevedra nº 93 do 16 de maio de 2000, publicáronse integramente as bases para provisión dunha praza de garda da policía local, vacante

no cadro de persoal funcionario deste concello e incluída na oferta de emprego público correspondente a 1999, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais.

De conformidade co establecido no R.D. 896/1991, o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O Rosal, 14 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado