Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

APROBACIÓN definitiva do Plan parcial do parque empresarial de Muimenta.

O Concello Pleno, en sesión do día 27 de xaneiro de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o Plan parcial do parque empresarial de Muimenta, presentado por Xestur-Lugo, S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños José Enrique Cacicedo Herrero. recóllense no plan parcial as observacións formuladas no informe previo do delegado da CPTOP ó que se fai referencia.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación no DOG aínda que previamente e con carácter potestativo cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

En Cospeito o 13 de xuño de 2000.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde