Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por resolución do alcalde do 12 de xuño de 2000, o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes dun camiño, hoxe convertido na rúa Río Mera desta vila, redactado polo Estudio Técnico Galego, S.A., a través do arquitecto Isidro López Yáñez, con data de maio de 2000, por iniciativa do alcalde.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP, e no xornal diario El Correo Gallego, para que poida ser examinado por calquera persoa e formula-las alegacións que consideren procedentes, de conformidade co previsto no artigo 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

O anuncio servirá tamén de notificación (nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común) para tódolos propietarios e demais interesados directamente afectados, comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Arzúa, 13 de xuño de 2000.

Manuel Moscoso López

Alcalde