Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 9 de xuño de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Castañeda-Rendal (Arzúa-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Castañeda-Rendal (Arzúa-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 299/1991, do 5 de setembro (DOG nº 179, do 18 de setembro).

Primeiro.-Con data do 6 de xuño de 2000, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Castañeda-Rendal (Arzúa-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Arzúa e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras Rurais (Edificio Administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª Planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase

ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Rodolfo M. Rodríguez Gonzalez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais

Visto e prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña