Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/87-2, 5425 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: modif. liñas por obras de 48-LU-2940 nova estrada Ronda Norte.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 567 m de lonxitude sobre apoios de formigón e torres metálicas. C.T. de Fervedoira de 160 kVA e relación transformación 20.000/380-220 V. C.T. de Militares de 160 kVA e relación transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 2.155 m de lonxitude en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo