Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de xuño de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01462-O-1999 e PO-02298-O-1999).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 7 de xuño de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01462-O-1999

A-3927-CY

G.C. Tráfico

MR. Alicante Distribuciones

Rubén Rabasa, s/n

Alacante

Transportar zumes levando tarxeta caducada. Servicio privado.

24-6-1999; 19.20.08; PO-320; 4

Art. 199,b) do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.
PO-02298-O-1999

M-6889-LH

G.C. Tráfico

Veracierto, S.L.

Avda. de Fragoso, 83

36210 Vigo (Pontevedra)

Transportar productos alimentación, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

17-9-1999; 12.05.58.;PO-250 ;8,600

Art. 199,b) do R.D.

1211/1990

Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas