Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación por concurso da obra construcción dun conservatorio de música en Culleredo. A Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: construcción dun conservatorio de música en Culleredo. A Coruña.

a) Descrición: a que figura nos pregos de condicións e no proxecto.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 124.603.809 ptas. (748.883,97 euros).

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

8. Garantía definitiva: 4% do orzamento.

9. Obtención de documentación e información. Concello de Culleredo.

a) Enderezo: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).

b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información. ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o derradeiro anuncio (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións administrativas.

12. Lugar e hora de presentación: no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas.

13. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).

c) Localidade: Culleredo.

d) Data: o primeiro xoves hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de licitacións, e se fora inhábil, entenderase prorrogado ó xoves seguinte á mesma hora.

e) Hora: 13 horas.

14. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 28 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía e Facenda, Patrimonio

e Contratación