Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 6 de xuño de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou porque se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748 do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19,

da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso, unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte ó desta notifi

cación, recurso de reposición perante o órgano emisor, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 6 de xuño de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Britos, Marisel13.436.126Asistencia sanitaria26-3-1997/10-4-199747.610

Oliveira Pereira, Eva Isabel11.115.527Asistencia sanitaria19-8-199723.805

Parga Vilares, Paloma47.360.006Asistencia sanitaria21-5-1997/23-5-1997139.725

Britos, Marisel13.436.126Asistencia sanitaria15-1-1997/22-1-1997360.000

Torres Camacho, José EduardoSD59.720

Pasaporte

Asistencia sanitaria10-12-199924.840

Porto, Elen Fernanda77.53.84Asistencia sanitaria22-9-1997/25-9-1997202.653

Arbelaez Velasquez, Martha41.906.681Asistencia sanitaria24-2-2000/6-3-2000611.967