Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais de Arbo. (OAP Arbo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de autónomos e Profesionais de Arbo. (OAP Arbo), que abrangue os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: tódolos empresarios da localidade de Arbo, integrados en tódolos oficios, gremios, profesións, etc., así como tódolos que realicen un traballo por conta propia.

Asinan a acta de constitución: José Méndez Castro e dous máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 16 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

O delegado provincial de Pontevedra