Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/68-2, 5406 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. A Veiga de Logares.

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor L-56 de 6.226 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo