Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: regulamentación de L.M.T. O Ceao-Rábade (tramo P-60 e P-70).
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: liña de media tensión en conductor L-110 sobre torres metálicas a 20 kV entre os apoios P-60 e P-70.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 2 de maio de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo