Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/19-2, 5359 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Ramelle, Freire e Rebolada.

Situación: Pastoriza.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV a C.T. de Ramelle en conductor LA-56 de 320 m de lonxitude sobre apoios de formigón. L.M.T. a 20 kV a C.T. e Freires en conductor LA-56 de 242 m de lonxitude en apoios de formigón. L.M.T. a 20 kV a C.T. de Rebolada en conductor LA-56 de 172 m de lonxitude sobre apoios de formigón. C.T. en Ramelle de 50 kVA e relación 20.000/380-220. C.T. en Freires de 50 kVA e relación 20.000/380-220 e C.T. en Rebolada de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.110 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 26 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo