Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xuño de 2000 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, as obras: rampla para minusválidos e obras varias no CEIP San Pedro de Visma e outras.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

Na paxina 10.223, punto 2.2.a), onde di: «Descrición do obxecto: reparación de fachadas e cubertas no IES Virxe do Mar», debe dicir: «Descrición do obxecto: reparación de fachadas e cubertas no IES Campo de San Alberto».