Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4542/2000).

Polo presente faise saber que, en providencia dictada no día da data, esta Sección Segunda, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri no nome e representación de Hermanos Ferrín, S.L. contra resolución da Dirección X. Transportes do 10-2-2000, publicada no DOG do 10-3-2000, e corrección de erros publicada o 7-4-2000, sobre adxudicación definitiva de concesión dun servicio público regular de transporte de viaxeiros.

Recurso número: 02/0004542/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas, que non séndoo persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixeran con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 14 de xuño de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado