Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.674

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de telefonistas convocadas por Resolución do 23 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

Expirado oprazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e exluídos, este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da Resolución do 23 de febreiro de 2000 (DOG do 21 de marzo), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de telefonistas vacantes no cadro de persoal desta universidade, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1 faise público que o primeiro exercicio da oposición dará comenzo ás 11 horas do día 2 de setembro na ETS de Arquitectura (Campus da Zapateira, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade e bolígrafo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conformme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de xuño de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña