Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.651

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2000 pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos 179, 181 e 182/2000.

Nº 179/2000 A, interposto perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra por Carmen Gonzálvez Carril.

Nº 182/2000 interposto perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra por Fernando Rodríguez Nimo.

Nº 181/2000 interposto perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra por Manuela Barreiro Cerviño.

Para dar cumprimento ó solicitado polos xulgados máis arriba referenciados, en relación cos citados recursos contra as resolucións da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 4 de maio de 2000, sobre desestimación de solicitude para participar no curso de xefe de negociado impartido na localidade de Pontevedra, esta consellería resolveu ordena-la remisión dos expedientes administrativos correspondentes.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, co fin de que poidan comparecer e constituírse en parte nos mentados autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Pontevedra, no prazo de 9 días contados dende a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública