Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.644

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de arrendamento de diversos equipos electromédicos.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 , sita no hospital psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 26 de xullo de 2000 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de urxencias sanitarias 061 de Galicia, no horario e prazo sinalados ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

P.A.

Rubricado