Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito.

Con esta mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 22 entidades de crédito, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle

unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades de crédito que figura como anexo I e a relación de entidades que subscribiron o mesmo que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO I

Convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e a entidade de crédito ***

En Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2000, establécese o presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e de outra parte pola entidade de crédito *** representada por ***, con poder suficiente. Este convenio inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas. A dita normativa, en tanto non se pronuncie a Comisión

Europea respecto da compatibilidade coa normativa comunitaria do novo Decreto de incentivos para o desenvolvemente económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, axustarase ás directrices tanto horizontais coma sectoriais dictadas pola Comisión Europea así como ós límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa rexional de axudas de España para o período 2000-2006.

Conscientes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consistindo a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito colaboradoras e acollidos a este convenio.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS

Cláusula 1ª.-Obxecto.

Este convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito *** e

o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes, en todo, ó establecido no mencionado decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro e no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos a realizar no resto de España en actividades de comercialización, non será necesario que o proxecto incentivado se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade coa empresa ou centro de traballo radicado na dita Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes de subsidiación na entidade de crédito iníciase o día da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, data de entrada en vigor do mesmo, e remata o 31 de outubro de 2000.

Cláusula 3ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

Cláusula 4ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de Pequenas e Medianas Empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 abril de 1996. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores.

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros.

c) Que cumpra o criterio de independencia tal e como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME. Este limiar poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste punto, o valor do euro é de 166,386 ptas.

2. Aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto 1 desta cláusula e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por importe a subsidiar superior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións:

a) Empresas existentes: polo menos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante deberá ter contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse a acadar, unha vez realizados os investimentos, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto investidor.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral, unha vez executado o proxecto.

No caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida reducirase ó 33%.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse incentivables, de acordo co establecido no artigo 4º do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e no artigo 7 da Orde do 18 de abril de 1996, as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

Cláusula 6ª.-Conceptos de investimentos subvencionable e materialización dos investimentos.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa e serán:

-Maquinaria e as súas instalacións técnicas (agás plantas de coxeración de enerxía).

-Ferramenta e utillaxe.

-Mobiliario e equipos de oficina.

-Equipos para procesos de información.

-Aplicacións informáticas, sempre que non superen o 25% do investimento total subvencionable.

-Elementos de transporte interno.

-Elementos de transporte externo, unicamente para empresas de transporte público.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa vixencia e a empresa beneficiaria comprometerase a exerce-la opción de compra, debendo ser realizada no momento convido; noutro caso será causa de perda da subvención.

Cláusula 7º.-Características das operacións de Leasing.

7.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

7.2. Duración dos contratos.

Os contratos de arrendamento financeiro terán unha duración mínima de 2 anos e máximo de 5 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega a conta por parte do arrendatario mínima do 5%.

7.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través do presente convenio, será o seguinte:

* Operacións con prazo entre 24 e 36 meses: tipo de xuro nominal fixo do 6,15% durante toda a vida do contrato.

* Operacións con prazo entre 37 e 60 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo do 6,15% durante toda a vida do contrato.

-Tipo de xuro variable.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través do presente convenio fíxase para o ano 2000 no 5,80%.

Segundo.-Para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturais de acordo á seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para cada ano será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euríbor a prazo de 6 meses, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ó tipo de referencia, o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euríbor (Euro Interbank Offered Rate = tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o Euríbor, o tipo de xuro variará por anos naturais, de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadirlle ó tipo de tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

7.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ó abeiro deste convenio poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima do 1%. Esta comisión non será subvencionable.

7.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

a) A subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será a seguinte:

1. Actividades subvencionables: 1,50 puntos.

2. Actividades preferentes: 2 puntos.

3. Por localización do proxecto investidor en zona preferente: 0,50 puntos. Considéranse zonas preferentes as provincias de Lugo e Ourense, as comarcas de Ferrol, O Eume e Ortegal na provincia da Coruña (anexo II) e os parques empresariais de promoción pública.

4. Aqueles proxectos investidores que leven a creación de emprego por conta allea: 0,50 puntos.

7.4.4. Para os efectos de aplicación da subsidiación, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%, agás aqueles proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que o citado tipo non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós ditos límites, reducirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As variacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites, serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, non provocando ningunha variación nos puntos de subsidiación.

7.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe cás seguintes.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que hai que presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto

distribuirase e dará publicidade a través das entidades de crédito e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude presentarase a seguinte documentación, por duplicado:

1. Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

* Persoas físicas:

-Fotocopia do DNI.

* Persoas xurídicas:

-Fotocopia do CIF.

-Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data de peche do último exercicio pechado.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure: detalle de accionistas con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación, número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondente á data do último exercicio pechado.

A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil, e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade de crédito durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2. Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán achegar fotocopia da alta no I.A.E. ou compromiso firme de remitir a este instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o seu epígrafe.

3. Descrición e relación valorada do investimento proxectado, xuntando documentación acreditativa dela (facturas proforma, orzamentos, contratos, etc.).

4. Documentación relativa ó cadro do persoal de traballadores existentes no momento da solicitude:

-Nas solicitudes de axuda para un importe a financiar igual ou inferior a 140 millóns de pesetas (ou

o seu contravalor en euros) achegarán: fotocopia do último TC1 e TC2.

-Nas solicitudes de axuda por un importe a financiar superior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) achegarán: declaración xurada do número de traballadores na data da solicitude, distinguindo entre fixos e temporais e fotocopia do último TC1 e TC2.

No caso de que o numero de traballadores que figuran no TC1 e TC2 non coincida co número actual de traballadores ó momento da solicitude e que figuran nela, deberán remitir certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de alta/baixa e aclaración á diferencia sinalada.

5. Documentación relativa ós postos de traballo que se van crear:

-Nas solicitudes de axuda para un importe a financiar igual ou inferior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) achegarán: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear.

-Para aquelas solicitudes de axuda financeira por un importe que se financiará superior a 140 millóns de pesetas, (ou o seu contravalor en euros) achegarán: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e compromiso de acada-los niveis de estabilidade laboral requiridos no punto 2 da cláusula 4ª respecto das novas contratacións.

6. Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido. Esta mesma declaración, actualizada, remitirase ó Igape xunto coa documentación estipulada no último parágrafo da cláusula 8.4.

7. Certificados que acrediten estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

8. Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional que se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

8.2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades de crédito segundo o modelo normalizado xa citado, acompañadas da documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas previstas no presente convenio apoderan á entidade de crédito para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa. A este respecto o Igape con

siderará a actuación da entidade de crédito coma se fose propia da empresa solicitante.

O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a consellería sectorial.

-Terceira copia para a entidade de crédito, e

-Cuarta copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregando ó solicitante a cuarta copia, quedando coa terceira e remitindo ó Igape o orixinal e a primeira copia e a consellería sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo I de actividades subvencionables e preferentes, a segunda copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez seladas polas distintas sucursais, tendo un prazo de 15 días para resolve-la petición, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas entidades o 31 de outubro de 2000.

As entidades de crédito deberán presentar no rexistro do Igape os expedientes coa documentación completa, coa excepción sinalada no último parágrafo do punto 1) da cláusula 8.1., acompañados da comunicación de concesión do leasing segundo o modelo que se xunta (anexo III) e das correspondentes táboas de amortización. O último día hábil para a súa presentación será o 15 de novembro de 2000, debendo presentar, ademais, un exemplar completo dos expedientes na consellería sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo I de actividades subvencionables e preferentes. Aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo, serán obxecto de resolución de arquivo, asumindo a entidade de crédito tódala responsabilidade polos prexuízos que isto puidera supoñer ó solicitante.

A presentación no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación das sociedade civil ou comunidade de bens.

Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

No caso de non terse presentado coa solicitude, o Igape reclamará por fax á entidade de crédito e ó interesado por correo certificado con xustificante de recepción, aqueles documentos que foran preceptivos, debendo presentarse estes no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte á recepción da notificación. Finalizado o prazo de emenda

sen achegarse a documentación preceptiva, dictarase resolución tendo o solicitante por renunciado ós seus dereitos e ordenando o arquivo do expediente.

8.3. Concesión.

Segundo o artigo 14 da Orde do 18 de abril de 1996, o Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de 4 meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderanse considerar desestimadas.

O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade de crédito, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación.

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do presente convenio con proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.4. Formalización.

A entidade de crédito e o solicitante deberán formaliza-lo contrato de arrendamento financeiro mendiante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formalizar-los contratos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción ó obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, a dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade de crédito copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización á formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de leasing así formalizado deberase facer mención, polo menos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada

neste instituto; que o Igape autorizou a formalización do contrato, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que unha vez dictada a resolución de concesión do Igape o contrato de leasing quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión.

No caso de que a resolución de concesión teña en conta condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá acolle-la característica de estar recollido a este convenio, e no mesmo estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos de subsidiación concedidos e o límite que corresponda para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 7.4.4.

O prazo máximo para a formalización ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 3 meses, contados desde o día seguinte á data de notificacion da concesión ó beneficiario. Transcorrido o dito prazo, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade de crédito, o Igape teña autorizado a dita prórroga.

A entidade de crédito deberá remitir ó Igape, na maior brevidade, unha fotocopia do contrato, unha vez formalizado e, se é o caso, o correspondente anexo, así como certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, debidamente subscrito polo arrendatario; certificación da carga financeira ós puntos subsidiados acompañada das correspondentes táboas de amortización; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra e copia dos documentos que xustifiquen o investimento, así como unha declaración de axudas actualizada, para o mesmo proxecto, nos termos establecidos na cláusula 8.1.5).

Para aqueles proxectos que leven a creación de emprego neto por conta allea, e unha vez xustificada a realización do investimento, o Igape reclamará ó beneficiario a documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego. Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición a que se refire o punto 2 da cláusula 4ª, o Igape, igualmente, reclamará a documentación acreditativa de que se acadaron os niveis de estabilidade laboral esixidos.

8.5. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: poderase solicitar cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas nos casos de modificación da forma xurídica, sempre que se recolla documentalmente o traspaso ou a achega dos dereitos de arrendamento dos bens financiados e a subrogación nas obrigas financeiras do contrato. Nos casos de fusión ou absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser remitida a través da entidade de crédito ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

No caso de que o arrendatario decidise, antes do prazo de vencemento do contrato de leasing, traspasar, vender ou aluga-lo seu negocio, as cotas seguintes perderán automaticamente a subsidiación, agás cando haxa subrogación no contrato leasing polo novo titular do negocio e este continuara coa mesma actividade, logo de autorización polo Igape e coa conformidade da entidade de crédito.

b) Cambio de entidade de crédito: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do contrato noutra entidade de crédito colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio a través da nova entidade crediticia, acompañando nova comunicación de concesión do contrato e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos planos de investimento: se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade de crédito, previamente á formalización do contrato, ante o Igape, acompañando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas proforma xustificativas deste. No caso de que as modificacións impliquen unha reducción da contía do investimento, o Igape poderá, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do contrato subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 7ª. Se a modificación supón un incremento do investimento subvencionable, procederase de xeito análogo, co obxecto de adaptar, se é o caso, a resolución de concesión ás novas condicións, sen que isto supoña modificación na contía do importe subsidiado.

d) Cancelación anticipada: poderá admitirse sempre e cando o contrato cumpra o prazo mínimo establecido no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto de sociedades, e se exerza a opción de compra. A entidade de crédito deberá comunicar ó Igape a data de cancelación, acompañando os documentos xustificativos da operación. Perderase o dereito á subsidiación desde a data de cancelación.

e) Prórrogas para a ampliación dos prazos establecidos no convenio: a Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 12, do 14 de xaneiro de 1999), no seu artigo primeiro, punto 14, modifica a redacción do artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establecendo no seu apartado 3. que, «tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberá producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. Os acordos sobre a ampliación de prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recursos».

Consonte co anterior, a solicitude de prórroga de ampliación dos prazos establecidos neste convenio presentarase no rexistro xeral do Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles antes do vencemento do prazo a ampliar, ó obxecto de que o Igape poida acorda-la súa aprobación ou denegación antes do vencemento do prazo de que se trate.

O resto das incidencias que se produxeran poderanse admitir despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade de crédito, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 9ª.-Liquidación e pagamento da subvención.

O importe da subvención calcularase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización nos que se tomará como tipo de xuro os puntos de subsidiación e como prazo o do total do contrato. O total da columna «carga financeira» así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano que se vai liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable a liquidación da subsidiación será anual e polo importe correspondente ó ano que se vai liquidar. Se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida na cláusula 7.4.4 deste convenio, efectuarase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado, ante o Igape, xunto coa certificación de solicitude de cobro da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vence

mento, prazo en meses, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período que se vai liquidar e importe da subvención solicitada.

A solicitude de liquidación presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 10ª.-Compromiso das entidades de crédito.

1. A entidade de crédito que subscribe o presente convenio comprométese a aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a do 18 de abril de 1996.

A entidade de crédito, antes do 15 de setembro de 2000, enviará por escrito ó Igape, referido á data do derradeiro día hábil do mes de agosto, a relación de peticionarios ós que lles foron concedidos contratos de arrendamento financeiro, engadindo, se é o caso, unha relación das solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e importe que se vai financiar. Una relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 10 de novembro de 2000 referida ó 31 de outubro.

2. A entidade asinante comprométese a non conceder sen a autorización do Igape contratos de arrendamento acollidos ó presente convenio por un importe superior a ***** millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). Así mesmo, a entidade de crédito asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 1996 as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (*** millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros) para actividades subvencionables e do 60% (*** millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros ) para actividades preferentes sobre o cupo asignado de *** millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

3. Por outra parte, a entidade asinante comprométese a cumpri-los prazos e as formalidades establecidas neste convenio respecto á tramitación dos expedientes de subsidiación e a manter ó dispor do Igape, durante o prazo legalmente establecido, a documentación sinalada no último parágrafo do apartado 1) da cláusula 8.1.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro non poderán ser incluídos noutros proxectos investidores financiados en todo ou en parte mediante créditos ou préstamos con subvención ó tipo de xuro.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e,

en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outras axudas públicas, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

En todo caso, serán de aplicación os límites de axudas previstos no artigo 7.2º a) do Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

Para o cálculo da axuda da subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións que se van percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito, por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicar ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

2. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia do xuro de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da condición de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exercita-la opción de compra.

f) No caso de mora ou non pagamento das cotas polo arrendatario, a entidade de crédito queda obrigada a comunicar ó Igape tal circunstancia, retendo a subsidiación correspondente en canto o beneficiario non regularice a súa situación. De non facelo, o arrendatario procederá á devolución ó Igape das cantidades indebidamente percibidas.

As cantidades que hai que rientegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, sendo, se é o caso, de aplicación para o seu recobro a vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración en caso de culpa, neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

Cláusula 13ª.-Normas operativas.

As entidades asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo Igape, para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 14ª.-Información e inspección.

O Igape poderá solicitar ás entidades de crédito e ós beneficiarios, e durante a vixencia do contrato, calquera información ou documentación que considere oportuna; así como proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios das axudas.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de previo aviso, supoñerá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha «comisión de vixilancia e seguimento», integrada polas entidades de crédito e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do Igape.

Cláusula 18ª.-Natureza.

Este convenio ten natureza administrativa, correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

Pola entidade de créditoPolo Igape, ***

***

Asdo: Asdo: José Antonio Orza Fernández.

DNI: Presidente do Igape

ANEXO II

Concellos que forman as comarcas de Ferrol,

O Eume e Ortegal

Ferrol:

Ares

Cedeira

Fene.

Ferrol.

Moeche.

Mugardos.

Narón.

Neda.

San Sadurniño.

Somozas (As).

Valdoviño.

O Eume:

Cabanas.

Capela (A).

Monfero.

Pontedeume.

Pontes de García Rodríguez (As).

Ortegal:

Cariño.

Cerdido.

Mañón.

Ortigueira.

ANEXO III

Modelo de comunciación de concesión

de contrato leasing

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa: convenio Leasing-2000.

Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela.

Moi Srs. nosos:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados polo Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 95/1999, do 8 de abril de 1999, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, e ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicamos a vostedes que

foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº contrato leasing: L1/00

Características da operación:

Total investimento (segundo solicitude):

Imp. contrato: entrega inicial:

Prazo:

Actividade (descrición):

Epígrafe CNAE: subvencionable: p preferente: p

Tipo de xuro: p fixo p variable

Importe para financiar pola entidade de crédito:

Porcentaxe: Puntos subsidiación: Imp. Subv.:

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que, nesta mesma data, remitimo-la segunda copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de ,

Dirección Xeral de

Data e sinatura.

ANEXO IV

Modelo de solicitude de formalización

previa á resolución

En relación á solicitude de axuda financeira formulada pola empresa , Nº Expt.:

* Presentada no Igape en data ../../.., Rexistro de Entrada nº

ou

* que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula 8.4 do convenio Leasing 2000, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio.

Así mesmo comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará en tanto non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade de crédito.

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO II

Relación de entidades de crédito colaboradoras

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor, S.A.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Banesto, S.A.

Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.

Banco de Sabadell

Banco Santander Central Hispano

Banco Popular Español

Banco de Galicia

Caixa Galicia

Banco Mapfre

Banco Gallego

Banco Espírito Santo

Banco Urquijo

Banco Atlántico, S.A.

La Caixa

Mercedes Benz Credit E.F.C., S.A.

Bankinter

Banco Simeón

Caterpillar FSC, S.A. E.F.C.

Evergo Financ. E.F.C., S.A.

Caixa Catalunya