Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

APROBACIÓN inicial do Plan parcial do sector J das normas subsidiarias.

A Corporación municipal, na sesión do día da data, acordou, co quórum esixido, a aprobación inicial do Plan parcial do sector J das normas subsidiarias, presentado por Gabinete Garpe Asociados de Ourense, S.L. e Campos Salgado, S.L., con documentación técnica redactada por Fernando J. Martínez Lamas, M.L. Arquitectura Sociedade Limitada, constando no expediente os informes do director xeral de urbanismo, do aparellador municipal e do secretario.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia, ábrese trámite de información pública durante o prazo de 1 mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, para que poida ser examinado o expediente na secretaría municipal e presentarse as alegacións ou reclamacións que se estimen pertinentes.

Barbadás, 28 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado