Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente no asesoramento e control das accións de política de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego impulsadas desde a Consellería de Industria e Comercio. (Expediente 5/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 5/00 DXPI.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o asesoramento e control das accións de política de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, que se están a levar a cabo desde a Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: ata o 10 de decembro de 2001.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.000.000 de ptas. (54.091,089395 euros), IVE incluído.

Garantías.

Provisional: exento.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP).

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económica financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) da LCAP, mediante calquera dos seguintes medios: a) informe de institucións financeiras, ou b) declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, conforme o artigo 19 b) da mesma lei, mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día de apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio