Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Avda. Portomarín nº 81.
Situación: Chantada.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 84 m de lonxitude en conductor R.H.V. Centro de transformación de 400 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea de 50 m de lonxitude en conductor R.Z. Liña de baixa tensión subterránea de 220 m de lonxitude en conductor R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 7 de xuño de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo