Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 27 de xuño de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.

2. Obxecto: servicio de deseño de vídeo e un spot publicitario.

3. Orzamento: seis millóns (6.000.000 de ptas.).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 15 de xuño de 2001.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 146, do 27 de xuño de 2000.

Lugo, 27 de xuño de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo