Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (12/1999).

A Comisión de Goberno Municipal en sesión do día 9 de xuño de 2000 adoptou o seguinte acordo.

Primeiro.-Levanta-la suspensión do procedemento para a constitución da xunta de compensación do polígono 4 do PEPRI declarada por acordo da Comisión de Goberno Municipal do 12 de maio do ano en curso.

Segundo.-Ordena-la citación personal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, sinalando o próximo 4 de agosto ás 10 horas na notaría de Fernando Alba Puente como data para formalizar en escritura pública a constitución da xunta de compensación, á que deberán concorrer tódolos interesados en forma parte dela. Así mesmo, comunícaselles que con posterioridade á data sinalada e durante o prazo de quince días poderán incorporarse á xunta de compensación mediante escritura de adhesión.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a

desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de interpoñelo.

A Coruña, 14 de xuño de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda