Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

Aprobados os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares para a contratación de asistencia técnica para o mantemento da estación depuradora. Exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, se ben ésta se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: asistencia técnica para o mantemento da estación depuradora.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 720.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 14.400 pesetas. Están exentas os licitadores con clasificación empresarial vixente.

Definitiva: 4% do orzamento de contrata.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá, avenida Madrid, número 2. Código postal: 27640. Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar.: as proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula XI.B) do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avenida Madrid número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes en relación coas prestacións que se establecen no prego de prescripcións técnicas.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 9 de xuño de 2000.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente