Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000 pola que se resolve publicar unha corrección de erros do 13 de xuño de 2000, publicado no Diario Oficial de Galicia número 121.

Con data do 22 de xuño de 2000 publicouse no DOG número 121 Resolución da Universidade de Vigo pola que se anunciaba concurso público, procedendo aberto, con intervención de xurado, para a redacción do proxecto de obra para a construcción da biblioteca central no campus de Ourense. (Expediente 309/2000).

Observado erro no punto 8 relativo á presentación de ofertas que di: «a) Data límite de presentación vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG», debería dicir:« a) Data límite de presentación : ós corenta e cinco días naturais seguintes ó da publicación no DOG».

Vigo, 27 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente