Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, da asistencia técnica de clave OH.088.159/A.T.

A) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para a contratación da realización dos traballos de estudios de leitos, determinación da súa perigosidade fronte á posta en marcha de turbinas.

Clave: OH.088.159/AT.

Orzamento: dezanove millóns cincocentas doce mil duascentas trinta pesetas (19.512.230 ptas., equivalentes a 117.270,864 euros).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: trescentas noventa mil duascentas corenta e cinco pesetas (390.245 ptas., equivalentes a 2.345,420 euros).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento base de licitación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do dia trinta e un (31) de agosto de 2000.

F) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas (artigo 6 do dito prego).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día trece (13) de setembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia