Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., Pablo Iglesias-As Lagoas 1.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 260 m en conductor R.H.Z.-12/20 kV, coa orixe no C.T. Pablo Iglesias e remata na liña subterránea ó C.T. Fenosa. Pasando a alimenta-la liña saída de Velle L-13 os CC.TT. Pablo Iglesias e Fenosa, e a liña saída de Velle L-03 alimentará os CC.TT. As Lagoas 1, As Lagoas 4, As Lagoas 5 e comisaría de policía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense