Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/53-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., Seixalbo-urbanización Araújo.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV circunvalación urbanización Araújo: derivada da L.M.T. circunvalación aérea existente, sendo os primeiros 4 m aérea en conductor LA-110 e 1.165 m subterránea en conductor R.H.Z. 12/20 kV ata o remate no C.T. urbanización Araújo. Liña aérea a 20 kV de 3 m en conductor LA-110 desde a L.M.T. Velle-Rairo-Castrelo ata o C.T. Piñeiral-2. Liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z. 12/20 kV de 410 m desde a L.M.T. subterránea C. informático Caixa Ourense ata a L.M.T. subterránea ó C.T. Pazo dos deportes pasando polo C.T. finca Sevilla. L.M.T. subterránea de 30 m que une as liñas subterráneas ó C.T. Piñei

ral-2 e C.T. caixa de aforros, pasando polo C.T. Piñeiral-1.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense