Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/45-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., r/ San Rosendo, 21.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, en conductor tipo R.H.Z.-12/20 kV de 45 m, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. oficina e remata na L.M.T. Sub. ó C.T. cercado, alimentando o C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V no edificio nº 21 da r/ San Rosendo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense