Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.504

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 16 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego de Vivenda e Solo, pola Orde do 11 de abril de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril), este instituto, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e vista a proposta do director xeral da IGVS do 15 de xuño, resolve:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte

ó do cesamento de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta o seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause alta o funcionario efectuará dentro dos prazos sinalados anteriormente a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das citadas dilixencias remitiránselle copias á dirección xeral da Función Pública e a Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.- Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO:

-DNI: 34.992.744.-Grupo: D.-Apelidos e nome: Taboada Capón, María Teresa.-Posto de traballo: secretario/a, secretario xeral.-Nivel: 16.-Código posto: OT.A02.00.000.15770.003.-Localidade: Santiago de Compostela.-Dependencia: Instituto Galego da Vivenda e Solo.