Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.485

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello Asesor da Compañía de Radio-Televisión Española en Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 27 de xuño de 2000, acordou elixir, en cumprimento do disposto no artigo 8.2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, por 68 votos, membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia (para cubri-la vacante de Pablo Cons Pintos) a Lourdes Díaz Sánchez.

O que se publica para os efectos establecidos no artigo 8 e na disposición transitoria primeira da referida lei.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia