Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.485

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 27 de xuño de 2000, acordou elixir, de conformidade co establecido no artigo 12.1º da Lei 6/1985, do 24 de xuño, membro do Consello de Contas de Galicia, por 67 votos a favor (para cubri-la vacante de Ana María Luisa Bravo Doviso), a Joaquín Álvarez Corbacho.

O que se publica para xeral coñecemento, e para os efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia