Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. II-08 A Coruña (expediente 4210/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 15 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización que desenvolve o modificado do estudio de detalle da U.E. II-08 A Coruña, presentado pola entidade Hijos de Ismael Rodríguez, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, con visados do COAG do 17-3-2000 e 25-5-2000.

Sométese este expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dipor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificacion, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 denovembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admnistrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou

ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de xuño de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo